Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 26 Martes, 09 de febreiro de 1999 Páx. 1.426

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DE VIGO

RESOLUCIÓN do 25 de xaneiro de 1999 pola que se declara concluído o procedemento e vacante a praza do corpo de catedráticos de escola universitaria da área de coñecemento de didáctica da expresión plástica (praza 9/1998).

Convocada a concurso por resolución da Universidade de Vigo do 16 de febreiro de 1998 (BOE do 12 de marzo), unha praza do corpo de catedráticos de escola universitaria da área de coñecemento de didáctica da expresión plástica, do departamento de Didácticas Especiais.

Tendo en contra a proposta elevada pola comisión e consonte o establecido no artigo 14 do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro (BOE do 26 de outubro).

Este rectorado resolveu declarar concluído o procedemento e deserta a praza referenciada.

Vigo, 25 de xaneiro de 1999.

Domingo Docampo Amoedo

Rector da Universidade de Vigo