Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 26 Martes, 09 de febreiro de 1999 Páx. 1.420

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE FAMILIA E PROMOCIÓN DO EMPREGO, MULLER E XUVENTUDE

ORDE do 25 de xaneiro de 1999 pola que se resolve a convocatoria para a provisión, polo sistema de libre designación, de dous postos de traballo vacantes na Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude, anunciada por orde desta consellería do 2 de novembro de 1998 (Diario Oficial de Galicia número 221, do 13 de novembro).

Convocada a provisión, polo sistema de libre designación, de dous postos de traballo vacantes na Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude, mediante Orde do 2 de novembro de 1999 (DOG nº 221, do 13 de novembro), de conformidade co establecido nas bases quinta e sexta da referida orde, esta consellería,

RESOLVE:

Primeiro.-Adxudicarlles destino, nos postos de traballo que se indica, ós funcionarios que se expresa no anexo desta orde, seleccionados conforme o establecido nas bases da convocatoria, realizada por orde desta consellería do 2 de novembro de 1998.

Segundo.-Os cesamentos nos actuais destinos dos funcionarios que obtiveron praza produciranse no prazo de tres días, contados a partir do seguinte ó da data da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

Se na data na que deben cesar no seu destino os funcionarios están desfrutando un período de licencia, vacacións ou permiso, o prazo para efectualo empezará a contar a partir do día seguinte ó da súa incorporación. Nos supostos de baixa temporal ou transitoria o cómputo do prazo iniciarase a partir da correspondente alta.

A toma de posesión das prazas adxudicadas deberanse realizar no prazo dos tres días seguintes ó do cesamento, de tratarse da mesma localidade na que actualmente presta os seus servicios o funcionario, ou no prazo dun mes, de tratarse de distinta localidade, conforme o establecido no artigo 14 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo.

Terceiro.-Os xefes dos centros nos que causen baixa os funcionarios, así como os daqueles nos que obteñan destino, consignarán no título administrativo, dentro do prazo sinalado no punto anterior, as correspondentes dilixencias de cesamento e toma de posesión, das que se dará traslado, mediante copia, á Dirección Xeral da Función Pública.

Cuarto.-Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, os interesados poderán interpoñer recurso

contencioso-administrativo perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na disposición transitoria primeira. 2, da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 25 de xaneiro de 1999.

Manuela López Besteiro

Conselleira de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude

ANEXO

NRP: 3326818235 A2051.

Grupo: B.

Corpo/escala: xeral.

Apelidos e nome: Otero Reboiras, María.

Código do posto: FA.C04.00.002.15770.050.

Denominación: Servicio de Xestión e Coordinación.

Nivel: 28.

Dependencia: Dirección Xeral de Formación e Colocación.

Localidade: Santiago de Compostela.

NRP: 3492161368 A2060.

Grupo: A.

Corpo/escala: xeral.

Apelidos e nome: García Rodríguez, José Antonio.

Código do posto: FA.C99.10.000.32001.049.

Denominación: Servicio de Administración e Contratación.

Nivel: 28.

Dependencia: Delegación Provincial.

Localidade: Ourense.