Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 25 Luns, 08 de febreiro de 1999 Páx. 1.396

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

MANCOMUNIDADE DO MORRAZO

ANUNCIO.

A Xunta da Mancomunidade de Concellos do Morrazo en sesión do 28 de xaneiro, acordou desestima-la alegación presentada ó prego de condicións administrativas particulares do expediente de contratación incoado para adxudicar mediante concurso o contrato mixto de asistencia técnica e obra para a construcción do Complexo Medioambiental de R.S.U. na Comarca do Morrazo. Tendo en conta que o procedemento de licitación resultou paralizado desde a data de presentación da reclamación desestimada de conformidade co sinalado no artigo 122.2º do R.D. lexislativo 781/1986, do 18 de abril, faise público que a data final de presentación de proposicións polos licitadores á que se refire o anuncio publicado neste medio o día 7 de xaneiro, queda prorrogado hasta o día 22 de febreiro.

Cangas, 28 de xaneiro de 1999.

Euloxio López Gutiérrez

Presidente