Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 25 Luns, 08 de febreiro de 1999 Páx. 1.395

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA CORUÑA

ANUNCIO.

Esta alcaldía-presidencia, mediante providencia do 26 de xaneiro de 1999, resolveu o seguinte:

«Primeira.-Rectifica-los erros materiais existentes nas cláusulas 11ª e 19ª do prego de cláusulas administrativas particulares regulador do concurso para a contratación dun estudio de viabilidade da implantación dun sistema de tranvía/metro lixeiro na Coruña, que quedarán redactadas no seguinte sentido:

Clásula décimo primeira: suprímense os parágrafos segundo, terceiro e cuarto.

Cláusula décimo novena, sobre B, número 10: substitúese a súa redacción pola seguinte: «10 Xustificación da solvencia económica, financeira e técnica por un ou varios dos medios establecidos nos artigos 16 e 19 da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas».

Segunda.-Publicar estas resolucións no BOP e no Diario Oficial de Galicia outorgándolles os licitadores un novo prazo de vinteseis días naturales contados a partir do seguinte ó da publicación do dito anuncio no Diario Oficial de Galicia, especificándose que non é esixible clasificación para optar á licitación».

A Coruña, 26 de xaneiro de 1999.

O alcalde

P.D

Rubricado