Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 25 Luns, 08 de febreiro de 1999 Páx. 1.394

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 27 de xaneiro de 1999 pola que se anuncia concurso para a contratación do servicio de desenvolvemento e xestión do proxecto vacacional incluído no Programa Municipal de Atención ó Menor.

1. Entidade adxudicadora: Concello da Coruña.

a) Dependencia que tramita o expediente: Sección de Contratación. b) Número de expediente: As99/5.

2. Obxecto do contrato: servicio de desenvolvemento e xestión do proxecto vacacional incluído no Programa Municipal de Atención ó Menor.

Prazo de execución: ata o 31 de agosto de 1999.

3. Tramitación: ordinaria. Procedemento: aberto.

Forma de adxudicación: concurso.

4. Orzamento base de licitación: 2.467.500 ptas. (IVE incluído).

5. Garantía provisional: non se esixe.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: véxase punto 1. b) Domicilio: Pza. de Mª Pita, 1-2º. c) Localidade: 15001 A Coruña. d) Teléfono: 981 18 42 19. e) Fax: 981 18 42 71. f) Data límite de obtención de documentos e información: ata o día de finalización do prazo de presentación de proposicións.

7. Clasificación: non se esixe.

8. Presentación de proposicións.

a) Prazo: vinteseis días naturais contados a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, finalizando ás 13 horas. No caso de resultar sábado o día de finalización do prazo, quedará este automaticamente prorrogado ó día hábil seguinte.

b) Documentación que hai que presentar: véxase o prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: Rexistro Xeral de Entrada.

d) Admisión de variantes: si.

9. Apertura de proposicións económicas e documentación técnica.

a) Lugar: véxase o punto 6. b) Data: véxase o prego de cláusulas administrativas particulares. c) Hora: 12 horas.

10. Outras informacións: nos anversos dos sobres consignarase con claridade o seu contido («Proposición económica», «Documentación administrativa» e «Documentación técnica») e o seguinte lema «Proposición que presenta... (nome ou denominación social do licitador) para optar ó concurso para a contratación do servicio de desenvolvemento e xestión do proxecto vacacional incluído no Programa Municipal de Atención ó Menor (Ref. As99/5)».

11. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.

A Coruña, 27 de xaneiro de 1999.

O alcalde

P.D.

Rubricado