Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 25 Luns, 08 de febreiro de 1999 Páx. 1.389

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 2 de febreiro de 1999, da Secretaría Xeral da Consellería de Medio Ambiente, pola que se anuncia a licitación do servicio para a recuperación de solos contaminados por vertidos incontrolados na provincia da Coruña, polo sistema de concurso público, procedemento aberto.

1. Orzamento máximo: 42.120.532 pesetas, IVE incluído.

2. Prazo de execución do contrato: catro meses.

3. Fianza provisional: 842.411 pesetas.

4. Fianza definitiva: 1.684.821 pesetas.

5. Forma de tramitación: ordinaria.

6. Prazo de presentación de proposicións: deberán presentarse no rexistro xeral da Consellería de Medio Ambiente en Santiago de Compostela, sita na rúa dos Basquiños nº 2, antes das 14 horas do día 29 de marzo de 1999, data na que estarán cumpridos 52 días desde que se remitiu para a súa publicación no DOCE este anuncio, ou por correo na forma indicada no artigo 100 do Regulamento xeral de contratos do Estado.

7. Clasificación esixida: grupo III, subgrupo 8, categoría D.

8. Documentación que deberán presenta-los licitadores:

1. No sobre de documentación xeral, a establecida na cláusula 8.1.1 do prego de cláusulas administrativas.

2. No sobre de proposición económica a establecida na cláusula 8.1.2 do prego de cláusulas administrativas.

3. No sobre de referencias técnicas, a establecida na cláusula 8.1.3 do prego de cláusulas administrativas.

4. No suposto de que se participe en máis dun concurso dos de recuperación de solos contaminados por vertidos incontrolados nas provincias da Coruña, Pontevedra, Lugo e Ourense, a documentación xeral contida no sobre A presentada nun deles, con excepción da fianza provisional que ten que ser específica para cada concurso, producirá plenos efectos en tódolos que presente proposición, facendo constar expresamente como contido do sobre A, ademais da fianza provisional, referencia daquel no que figura a documentación xeral.

9. Apertura das proposicións: será realizada pola mesa de contratación na sala de xuntas B da Consellería da Presidencia e Administración Pública, edificio administrativo de San Caetano, ás 12 horas do día 7 de abril de 1999.

10. Documentos de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares e o de prescripcións técnicas estarán á disposición dos licitadores, para o seu exame e recollida, durante o prazo de presentación de proposicións, nos días e horas hábiles de oficina, nas dependencias da Secretaría Xeral da Consellería de Medio Ambiente, rúa dos Basquiños nº 2, Santiago de Compostela.

11. Anuncios: os anuncios do presente concurso serán pola conta do adxudicatario do contrato.

Santiago de Compostela, 2 de febreiro de 1999.

P.D. (Orde 12-1-1998)

José Luis Aboal García-Tuñón

Secretario xeral da Consellería de Medio Ambiente