Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 25 Luns, 08 de febreiro de 1999 Páx. 1.387

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 15 de xaneiro de 1999, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa, declaración de utilidade pública, aprobación do proxecto de execución, outorgamento da condición de instalación de producción eléctrica acollida ó réxime especial e aprobación do proxecto sectorial urbanístico, con título parque eólico Forgoselo. (Expediente 098/8-1).

Para os efectos previstos no artigo 53 da Lei 54/1997, do sector eléctrico, dos decretos 2617/1968, 2617/1966, 2366/1994, do Ministerio de Industria e Enerxía, do Decreto 205/1995, no artigo 25.3º da Lei 10/1995, de ordenación do territorio de Galicia, da Lei 2/1998, do 8 de abril, na súa disposición adicional terceira, de medidas tributarias, réxime orzamentario, función pública, patrimonio, organización e xestión, e acordo do 1-10-1997, da Xunta de Galicia, sobre autorización de instalacións eléctricas, de aproveitamento da enerxía eólica e aprobación do proxecto sectorial urbanístico, sométese a información pública, para a autorización administrativa, declaración de utilidade pública, que implicará a urxente ocupación dos bens e dereitos afectados, instalación de pro

ducción eléctrica en réxime especial e aprobación do proxecto sectorial urbanístico, a instalación eléctrica que se cita:

-Solicitante: Gamesa Promoción Eólica, S.A.

-Domicilio social en Portal de Gamarra, 40; 01013 Vitoria e para efectos de notificacións na Avda. do Cruceiro da Coruña, 201 A, 15705 Santiago de Compostela.

-Denominación: parque eólico de Forgoselo.

-Situación: concellos da Capela e San Sadurniño (A Coruña).

Características técnicas:

-Potencia que se vai instalar: 24,42 MW.

-Superficie afectada: 493,75 ha.

-Coordenadas: V (574.000, 4.816.500); V (581.500, 4.816.500); V (581.500, 4.812.000); V (577.000, 4.812.000).

-37 aeroxeradores, Mod. Gamesa Eólica G-47 montados sobre torres metálicas de 660 kW de potencia c/u.

-37 transformadores de 775 kVA c/u e con tensións de 0,69/20 kV.

-Rede eléctrica subterránea de media tensión, a 20 kV con conductor R.H.V. 15/20 kV de 3 (1x240) mm A1, interconectando os transformadores e a subestación eléctrica.

-Subestación eléctrica a 20/132 kV, con transformador de (30) M.V.A. a 20/132 e transformador de servicios auxiliares de 50 kVA a 20/0,380-0,220 kV.

-Aparellos para telemando, telecontrol, protección e sinalización para as instalacións a 132 kV e a 20 kV da subestación eléctrica.

O que se fai público para o coñecemento xeral e especialmente dos propietarios e demais titulares afectados dos que se insire relación no anexo desta resolución, así como as persoas que, sendo titulares de dereitos reais ou intereses económicos sobre os bens afectados, fosen omitidos, para que poidan exmina-lo expediente no que constan as características e afeccións derivadas do proxecto nesta delegación provincial, situada no edificio administrativo Monelos, s/n, 15008 A Coruña, e presenta-las alegacións oportunas no prazo de 30 días, contados desde o seguinte ó da última publicación desta resolución.

Esta publicación realízase igualmente para os efectos determinados polo artigo 59.4º, da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, cando os titulares dos predios propostos sexan descoñecidos ou se ignore o lugar de notificación; e deste xeito dirixirlle ó Ministerio Fiscal as dilixencias que se produzan destes, de conformidade co artigo 5 da Lei de expropiación forzosa do 16 de decembro de 1955.

A Coruña, 15 de xaneiro de 1998.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña

ANEXO

Parque eólico de Forgoselo

Relación de bens e dereitos que se afectan (expediente 98/8-1)

predio

PropietarioDomicilioSuperficie

(m)

ClasificaciónLugar

1Ciprián Calvo SalgadoRacamonde de Arriba, s/n (S. Sadurniño)1.190Monte baixoPicos Arnosos

2Guillermo Piñeiro BulloRacamonde de Arriba, s/n (S. Sadurniño)19.043Monte baixoPicos Arnosos

3Ciprián Calvo SalgadoRacamonde de Arriba, s/n (S. Sadurniño)7.957Monte baixoPicos Arnosos

4Guillermo Piñeiro BulloRacamonde de Arriba, s/n (S. Sadurniño)9.850Monte baixoPicos Arnosos

5Ciprián Calvo SalgadoRacamonde de Arriba, s/n (S. Sadurniño)23.107Monte baixoPenas das Anelladas

6Guillermo Piñeiro BulloRacamonde de Arriba, s/n (S. Sadurniño)14.938Monte baixoPenas das Anelladas

7Ciprián Calvo SalgadoRacamonde de Arriba, s/n (S. Sadurniño)7.256Monte baixoPenas das Anelladas

8Guillermo Piñeiro BulloRacamonde de Arriba, s/n (S. Sadurniño)19.675Monte baixoPenas das Anelladas

9Ciprián Calvo SalgadoRacamonde de Arriba, s/n (S. Sadurniño)8.286Monte baixoA Puza

10Guillermo Piñeiro BulloRacamonde de Arriba, s/n (S. Sadurniño)45.040Monte baixoPenas Altas dos Achileiros

11Asoc. Monte Forgoselo

Pres. Manuel Fernández Vilar

Sande, 20 (A Capela)62.257Monte baixoPena do Xunco

12Monte dos veciños de Vilarvello e Tiraz

Resp. José A. Calvo Barreiro

Soutullo, s/n (S. Sadurniño)124.406Monte baixoChaos da Pena da Asa

13José A. Calvo BarreiroSoutullo, s/n (S. Sadurniño)8.590Monte baixoPena dos Lobos

14Ramón Allegue Barreira e

Mª del Pilar Barreiro Calvo

Sande, s/n Nave Industrial (A Capela)29.893Monte baixoPena dos Lagartos

15Saturnino do Pico LamasArda, 3 (S. Sadurniño)68.181Monte baixoPena do Escoitadoiro

16José A. Calvo BarreiroSoutullo, s/n (S. Sadurniño)124.128Monte baixoChaos do Monte

Guillermo Piñeiro BulloRacamonde de Arriba, s/n (S. Sadurniño)

Ciprián Calvo SalgadoRacamonde de Arriba, s/n (S. Sadurniño)

Saturnino Arnoso GarcíaChao do Pio, Racamonde, s/n (S. Sadurniño)Pena da Cruz

17Marcelino Lage PermuyRacamonde de Abaixo, s/n (S. Sadurniño)183.871Monte baixoPena do Castelo

Ángela López MéndezRacamonde de Abaixo, s/n (S. Sadurniño)Pena dos Bois

Benito Calvo SalgadoFurado, s/n (Narahio-S. Sadurniño)

18Ciprián Calvo SalgadoRacamonde de Arriba, s/n (S. Sadurniño)8.573Monte baixoPena dos Bois

19Avelino Castro PrietoCamiño do Regueiro, s/n (Neda)8909Monte baixoPena dos Bois

20Ciprián Calvo SalgadoRacamonde de Arriba, s/n (S. Sadurniño)89Monte baixoPena dos Bois

21Guillermo Piñeiro BulloRacamonde de Arriba, s/n (S. Sadurniño)8.729Monte baixoChao da Besura

22Ciprián Calvo SalgadoRacamonde de Arriba, s/n (S. Sadurniño)1.777Monte baixoO Repetidor