Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 25 Luns, 08 de febreiro de 1999 Páx. 1.346

II. AUTORIDADES E PERSOAL

NOMEAMENTOS:

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

ORDE do 19 de xaneiro de 1999 pola que se nomean novos membros do Comité Ético de Investigación Clínica de Galicia.

Os comités éticos de investigación clínica son os encargados de informar tódolos ensaios clínicos que se fan dentro do seu ámbito territorial. A súa acreditación correspóndelle ó conselleiro de Sanidade e Servicios Sociais, por proposta da Dirección Xeral do Servicio Galego de Saúde competente, segundo o disposto no artigo 9 do Decreto 32/1996, do 25 de xaneiro, polo que se regula a realización de ensaios clínicos na Comunidade Autónoma de Galicia.

En consecuencia, en virtude das facultades que me confire o artigo 38 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente, reformada pola Lei 11/1988, do 20 de outubro, e a disposición adicional primeira do Decreto 32/1996, do 25 de xaneiro, polo que se regula a realización de ensaios clínicos na Comunidade Autónoma de Galicia, por proposta da Dirección Especializada do Servicio Galego de Saúde,

DISPOÑO:

Artigo único.-Noméanse membros do Comité Ético de Investigación Clínica de Galicia, creado pola Orde do 11 de xullo de 1996, as persoas relacionadas no anexo.

Santiago de Compostela, 19 de xaneiro de 1999.

José Mª Hernández Cochón

Conselleiro de Sanidade e Servicios Sociais

ANEXO

Relación de novos membros do CEIC de Galicia:

Paz Sobral Gómez.