Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 25 Luns, 08 de febreiro de 1999 Páx. 1.345

II. AUTORIDADES E PERSOAL

CESAMENTOS:

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

ORDE do 19 de xaneiro de 1999 pola que se dispón o cesamento dalgúns membros do Comité Ético de Investigación Clínica de Galicia.

Os comités éticos de investigación clínica son os encargados de informar tódolos ensaios clínicos que se fagan dentro do seu ámbito territorial. A revogación da súa acreditación correspóndelle ó conselleiro de Sanidade e Servicios Sociais, por proposta da Dirección Xeral do Servicio Galego de Saúde competente, segundo o disposto no artigo 13 do Decreto 32/1996, do 25 de xaneiro, polo que se regula a realización dos ensaios clínicos na Comunidade Autónoma de Galicia.

En consecuencia, en virtude das facultades que me confire o artigo 38 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente, reformada pola Lei 11/1988, do 20 de outubro, e a disposición adicional primeira do Decreto 32/1996, do 25 de xaneiro, polo que se regula a realización de ensaios clínicos na Comunidade Autónoma de Galicia, por proposta da Dirección Especializada do Servicio Galego de Saúde.

DISPOÑO:

Artigo único.-Cesan como membros do Comité Ético de Investigación Clínica de Galicia, creado pola Orde do 11 de xullo de 1996, as persoas que se relacionan no anexo.

Santiago de Compostela, 19 de xaneiro de 1999.

José Mª Hernández Cochón

Conselleiro de Sanidade e Servicios Sociais

ANEXO

Relación de persoas que cesan como membros do CEIC de Galicia:

María Pilar Martínez Sorribas.

1038