Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 24 Venres, 05 de febreiro de 1999 Páx. 1.332

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 18 de decembro de 1998, da Dirección Xeral de Industria, pola que se somete a información pública o estudio de impacto ambiental do proxecto de liña de transporte de enerxía eléctrica a 132 kV Eume-Mourela, para realizar nos concellos da Capela e As Pontes de García Rodríguez (A Coruña), promovido por Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

O artigo 5, punto 2 do Decreto 442/1990, do 13 de setembro, (DOG número 188 do 25 de setembro), dispón que o órgano substantivo someterá o estudio de impacto ambiental ó trámite de información públi

ca, durante trinta días hábiles, mediante anuncio en el Diario Oficial de Galicia.

Na súa virtude,

RESOLVO:

Primeiro.-Someter a información pública, no prazo de trinta días hábiles, contando a partir da publicación da pesente resolución, o estudio de impacto ambiental do proxecto da liña de transporte de enerxía eléctrica a 132 kV Eume-Mourela, que se realizará nos concellos da Capela e As Pontes de García Rodríguez (A Coruña), promovido pola empresa Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Segundo.-Para os correspondentes efectos informativos, poranse á disposición dos administrados exemplares nas seguintes dependencias:

Dirección Xeral de Industria.

Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio da Coruña.

Casas do Concello da Capela e As Pontes de García Rodríguez (A Coruña).

Terceiro.-As alegacións, dirixidas ó director xeral de Industria, formularanse durante o dito prazo de trinta días e serán presentadas en cualquera das oficinas que establece o artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 18 de decembro de 1998.

Joaquín del Moral Crespo

Director xeral de Industria