Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 23 Xoves, 04 de febreiro de 1999 Páx. 1.297

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE LALÍN

EDICTO da alcaldía.

A Comisión de Goberno acordou inicia-los trámites para a contratación do servicio que seguidamente se indica, e para tal efecto aprobou o correspondente prego de cláusulas administrativas particulares, que se expón xunto co presente edicto polo prazo de oito días para reclamacións, e ordenou anunciar concurso público:

Entidade adxudicadora: Concello de Lalín, praza do Concello, nº 1. 36500-Lalín. Teléfono: 986 78 70 60. Fax 986 78 20 42.

Obxecto: servicio de transporte universitario de estudiantes a Santiago/1999.

Orzamento: 4.500.000 ptas. IVE incluído.

Duración do contrato: un ano.

Modalidade de adxudicación: concurso público, procedemento aberto e tramitación urxente.

Clasificación do contratista: non se esixe.

Garantía provisional: non se esixe.

Exame do expediente: os licitadores poderán examina-lo expediente na secretaría xeral do concello en horas de oficina de luns a venres e ata o día anterior ó do remate do prazo de presentación de proposicións.

Lugar e prazo de presentación de proposicións: as proposicións presentaranse no rexistro xeral do concello dentro do prazo de 13 días naturais contados a partir do día de publicación deste anuncio no DOG en horas de nove a catorce e na forma establecida no prego de condicións. As ofertas manteranse durante tres meses.

Apertura de proposicións: a apertura de plicas terá lugar na Casa do Concello, ás doce trinta horas do seguinte día hábil ó da finalización de prazo de presentación de ofertas. Para estes efectos considéranse os sábados como días inhábiles.

O pagamento deste anuncio será por conta do adxudicatario.

Lalín, 16 de decembro de 1998.

Camilo González Bodaño

Alcalde Acctal.