Dentro dos programas de actividades que a Academia Galega de Seguridade ten previsto realizar no ano 1999, conforme as funcións atribuídas pola Lei 4/1992, do 9 de abril, de creación da Academia Galega de Seguridade, anúnciase a celebración dun
has xornadas sobre controis de alcoholemia: aspectos xurídicos penais, que deberán desenvolverse conforme as seguintes bases:
Destinatarios.
As xornadas van dirixidas ós membros das forzas e corpos de seguridade.
Inscrición.
A inscrición dos participantes será totalmente gratuíta.
Prazas.
O número de prazas que se ofertan é de 150.
Solicitudes.
1. O persoal que desexe participar nestas xornadas deberá presentar, cuberta á máquina ou con letra moi clara, a instancia que figura no anexo.
2. O prazo para a presentación de instancias rematará o día 4 de marzo de 1999.
3. As instancias deberán enviarse á sede da Academia Galega de Seguridade: Avenida da Cultura, 36680 A Estrada; ou ben poden entregarse en calquera dos lugares previstos no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.
Datas.
As xornadas celebraranse durante os días 11 e 12 de marzo de 1999.
O horario será en xornada de mañá (9.30 h-14 h) e tarde (16.30 h-20 h) o día 11, e en sesión de mañá o día 12.
Relación de admitidos.
A relación de admitidos publicarase o día 8 de marzo de 1999 no taboleiro de anuncios da Academia Galega de Seguridade, ou ben poden confirma-la súa asistencia chamando ó teléfono 986 59 00 21.
Lugar.
Salón de actos da Academia Galega de Seguridade, sita na Avenida da Cultura, s/n, no Concello da Estrada.
Certificado de participación.
Ó remate das xornadas entregaráselles un certificado de asistencia a aquelas persoas que acrediten a súa participación continuada a elas.
Modificacións.
A Academia Galega de Seguridade poderá modifica-lo desenvolvemento das xornadas para adaptalas ás necesidades da Administración e ás continxencias que poidan xurdir.
A Estrada, 19 de xaneiro de 1999.
Juan José Fariñas-Ferro Rodríguez
Director xeral da Academia Galega de Seguridade