1. Obxecto: o concurso ten por obxecto a contratación da asistencia á deputación para o control de calidade das obras incluídas na 3ª fase da anualidade 1999 do Plan 2000 Deportes, que figuran no anexo, cos orzamentos, garantías e clasificacións que se relacionan.
2. Información: Sección de Patrimonio e Contratación.
3. Proposicións: poderán presentarse na Sección de Patrimonio e Contratación en horas de 9 a 13
dentro do prazo dos trece días naturais que comezará a contar desde o seguinte ó da publicación do presente anuncio.
4. O texto íntegro do presente anuncio figura no BOP.
5. Gastos de anuncios: os gastos do presente anuncio serán por conta do adxudicatario.
A Coruña, 28 de xaneiro de 1999.
Augusto César Lendoiro
Presidente da Deputación Provincial da Coruña
José Luis Almau Supervía
Secretario da Deputación Provincial da Coruña
ANEXO
Asistencia á deputación para o control de calidade das obras incluídas na 3ª fase da anualidade 1999 do Plan 2000 Deportes.
Lugar de execución se vai dirixir execución provisional definitivaDenominación da obra.
Orzamento Anualidades da obra que
Prazo de
Clasificación Garantía
Garantía
(13.379,30 euros) (5.886,88 euros)
Ano 2000: 667.838
(4.013,79 euros)
Ano 2001: 578.792
(3.478,61 euros)
Lote 1 Piscina cuberta climatizada na Barcala, Concello de Cambre 2.226.125
Ano 99: 979.495
O prazo de execución será o da construcción da obra ampliado nun mes máis para a realización dos traballos de probas finais. Non se esixe Non se esixe Non se esixe