Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 22 Mércores, 03 de febreiro de 1999 Páx. 1.246

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA

ANUNCIO de concurso con procedemento aberto.

Obxecto: redacción do proxecto de rehabilitación do conxunto monumental mosteiro de Caaveiro da Deputación Provincial da Coruña (termo municipal da Capela).

Orzamento: 10.000.000 de ptas. (60101,21 euros).

Garantías:

Provisional: de conformidade cos artigos 36.2º y 204 da Lei 13/1995, os licitadores quedan dispensados da prestación da garantía provisional.

Definitiva: 400.000 ptas. (2404,04 euros).

Prazo de execución: 60 días naturais contados desde a formalización do contrato en documento administrativo.

Información: Sección de Patrimonio e Contratación.

Proposicións: poderán presentarse na Sección de Patrimonio e Contratación ata as 13 horas do día dentro do prazo de 13 días naturais contados desde o seguinte ó da derradeira publicación do anuncio de licitación no BOP ou DOG.

Gastos de anuncios: os gastos do presente anuncio serán por conta do adxudicatario.

A Coruña, 28 de xaneiro de 1999.

Augusto César Lendoiro

Presidente da Deputación Provincial da Coruña

José Luis Almau Supervía

Secretario da Deputación Provincial da Coruña