Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 22 Mércores, 03 de febreiro de 1999 Páx. 1.237

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 9 de decembro de 1998, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 98/352-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa.S.A.

Enderezo social: García Barbón, 38, 36201 Vigo.

Denominación: L.M.T. derivación grupo escolar Oca.

Situación: A Estrada.

Descricións técnicas: L.M.T., aérea, a 20 kV, de 554 m de lonxitude, con conductor tipo LA-56, sobre apoios de formigón, desde a L.M.T. grupo escolar rematando no apoio 4 da L.M.T. derivación grupo escolar, en Oca, concello da Estrada.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación Provincial, no prazo de trinta días.

Pontevedra, 9 de decembro de 1998.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra