Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:
Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.
Enderezo social: García Barbón, 38, 36201 Vigo.
Denominación: L.M.T. derivación Liñar.
Situación: Portas.
Descricións técnicas: L.M.T., aérea, a 20 kV, de 1.085 m de lonxitude, con conductor tipo LA-56, sobre apoios de formigón, desde o apoio 18 da L.M.T. Portas, rematando no C.T. existente de Liñar, concello de Portas.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.
Pontevedra, 9 de decembro de 1998.
Carmen Bianchi Valcarce
Delegada provincial de Pontevedra