Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 20 Luns, 01 de febreiro de 1999 Páx. 1.156

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE RIBEIRA

ANUNCIO para contratación de obras.

1. Entidade adxudicataria.

Organismo: Concello de Ribeira.

Dependencia tramitadora: Oficina de Contratación.

2. Obxecto do contrato.

Denominación do proxecto: pavimentación de varios camiños en Oleiros.

Prazo de execución: 3 meses.

Plan: 2000 de Infraestructuras, anualidade 1999, da deputación provincial.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

Tramitación: ordinaria.

Procedemento: aberto.

Forma: concurso.

4. Orzamento.

Prezo base de licitación: 4.074.740 pesetas (IVE engadido).

5. Garantías.

Provisional: 81.495 pesetas.

Definitiva: 4% do prezo en que resulte a adxudicación.

6. Obtención de documentación e información.

Entidade: Concello de Ribeira.

Domicilio: Praza do Concello, nº 1. Ribeira (A Coruña). CP 15960.

Teléfono: 981 87 10 50.

Data límite: ata o día de finalización do prazo para presenta-las ofertas.

7. Requisitos do contratista.

Clasificación: non se esixe.

8. Presentación de ofertas.

Prazo: vinteseis días naturais contados a partir do seguinte ó da última publicación do anuncio de licitación no BOP da Coruña ou no Diario Oficial de Galicia en horario de 9 a 13.30 horas. No caso de que coincida en sábado o día de finalización do prazo, este quedará prorrogado automaticamente para o seguinte día hábil.

Lugar: rexistro xeral do Concello de Ribeira.

Modelo de proposición: véxase o anexo II do prego de condicións.

Documentación: a esixida na cláusula 12 do prego de condicións.

9. Apertura das ofertas.

Lugar: Casa do Concello de Ribeira.

Data e hora: o terceiro día hábil seguinte ó do remate do prazo da presentación de ofertas, ás 12 horas. No caso de que coincida en sábado, celebrarase o seguinte día hábil.

10. Gastos.

Os derivados da publicación dos anuncios de licitación serán por conta do adxudicatario.

Ribeira, 15 de xaneiro de 1999.

José Luis Torres Colomer

Alcalde