Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 20 Luns, 01 de febreiro de 1999 Páx. 1.154

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE PONTEVEDRA

RESOLUCIÓN do 18 de xaneiro de 1999 pola que se anuncia a licitación para a adxudicación mediante concurso da concesión da xestión e explotación da cafetería situada na superficie do aparcamento de Campolongo (audiencia provincial).

1. Entidade adxudicadora: Concello de Pontevedra. Praza de España s/n. 36071 Pontevedra.

a) Órgano de contratación: Pleno da Corporación.

b) Dependencia que tramita o expediente: Unidade de Contratación e Patrimonio.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: xestión e explotación da cafetería situada na superficie do aparcamento de Campolongo (audiencia provincial).

b) Duración da concesión: o contrato de xestión e explotación da cafetería terá unha duración de dez anos improrrogables, computados desde a formalización do contrato.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Canón. O Canon anual mínimo que satisfará o concesionario fíxase en 1.140.000 ptas. que será aboado na Tesourería do concello por trimestres vencidos, dentro dos primeiros dez días do mes seguinte ó vencemento.

5. Garantías.

a) Provisional: 100.000 ptas.

b) Definitiva: 1.140.000 ptas.

6. Obtención de documentación e información.

a) Lugar: Unidade de Contratación e Patrimonio do Concello de Pontevedra. Praza de España s/n. Pontevedra 36071. Teléfono: 986 80 43 00. Fax: 986 86 01 02.

b) Data límite de obtención de documentos e información: corenta (40) días naturais contados a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

7. Presentación das ofertas.

a) Data límite de presentación: corenta días naturais contados a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

b) Documentación que hai que presentar: cláusula 12ª do prego.

c) Lugar de presentación: rexistro xeral do Concello de Pontevedra. De 9 a 13 horas.

8. Apertura das ofertas.

Será efectuada pola mesa de contratación o día seguinte hábil ó da terminación do prazo sinalado para a presentación das ofertas, si coincidira en sábado a apertura realizarase ó día seguinte hábil, ás 9 horas na sala de xuntas.

9. Criterios de selección. Os criterios que servirán de base para a adxudicación serán os seguintes:

a) Maior canon anual ofertado polo licitador a aboar ó concello pola utilización dos bens de dominio público, respecto ó establecido no presente prego como canon mínimo. Valorarase ata un máximo do 50%.

b) Calidade dos materiais, mobiliario, menaxe, etc., que se empregará na cafetería. Valorarase ata un 30%.

c) Medios persoais adscritos ó servicio: número e cualificación. Valorarase ata un 20%.

10. Gastos. Serán por conta do adxudicatario os seguintes gastos:

a) Os dos anuncios que xere o concurso e os seus actos preparatorios.

b) Os tributos estatais, autonómicos e municipais que deriven do contrato, incluído o IVE.

c) Os de formalización do contrato de adxudicación en documento administrativo de conformidade coa ordenanza fiscal reguladora da taxa.

d) Os gastos que se xeren da explotación do local destinado a cafetería e o imposto de actividades económicas.

e) Tódolos os gastos que xere a adaptación do local e, se é o caso, do contorno destinado a cafetería.

f) Os gastos de mantemento das zonas axardinadas e de limpeza da praza.

Pontevedra, 18 de xaneiro de 1999.

Juan Luis Pedrosa Fernández

Alcalde

Julio Dapena Outomuro

Secretario xeral