Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 20 Luns, 01 de febreiro de 1999 Páx. 1.137

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 14 de decembro de 1998, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 98/177-3).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Domicilio social: Sáenz Díez, 45, 32003 Ourense.

Denominación: L.M.T., C.T., R.B.T., Baltar.

Situación: Baltar.

Descricións técnicas: L.M.T. aérea a 20 kV de 814 metros en conductor LA-56, con orixe en apoio de formigón sen numerar da L.M.T. existente ó centro de saúde de Baltar e remate en apoio nº 8 da L.M.T. aérea proxect. ó C.T. aéreo Pé de Poste con 250 kVA e R/T 20.000/380-220 V de Baltar. L.M.T. subterránea a 20 kV de 5 metros en conductor R.H.V.-12/20 kV con orixe no apoio nº 8 da L.M.T. aérea e remate no C.T. Pé de Poste proxect. de Baltar. C.T. tipo intemperie de Baltar con 100 kVA e R/T 20.000/380-220 V. 2 R.B.T. aéreas de 1.530 e 465 metros respectivamente en conductor R.Z. e unha R.B.T. subterránea de 10 metros en conductor R.V.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolveu,

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran

nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Ourense, 14 de decembro de 1998.

Alfredo Cacharro Pardo

Delegado provincial de Ourense