Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 20 Luns, 01 de febreiro de 1999 Páx. 1.131

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

CÉDULA do 9 de decembro de 1998, do Servicio Provincial de Transportes de Pontevedra, pola que se notifican resolucións recaídas nos expedientes sancionadores incoados por infracción da normativa vixente en materia de transportes terrestres devoltas polo servicio de correos por resultaren descoñecidos os seus destinatarios ou ben porque intentada a notificación non se puido efectuar (expediente PO-01221-O-97 e seis máis).

Pola presente cédula, notifícanselles ós/as denunciados/as, cos datos e últimos enderezos coñecidos que se sinalan no anexo, as resolucións sancionadoras, dictadas polo delegado provincial da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda de Pontevedra, facultado polo Decreto 70/1993, do 10 de marzo (DOG do 26 de marzo), recaídas nos expedientes que se citan no anexo.

Fáiselles sabe-lo dereito que os asiste para interpoñer recurso ordinario ante o director xeral de Transportes, no prazo dun mes contado desde o seguinte á publicación da presente cédula.

No caso de conformidade con estas resolucións, deberán facer efectiva a multa mediane transferencia bancaria a favor do Tesouro de Facenda Galega, conta rexistrada de recadación de multas e sancións número 311.500.007.9 de Caixa Galicia, oficina principal de Pontevedra, no prazo de 15 días hábiles seguintes á firmeza desta resolución, firmeza que se producirá ó non interpoñer recurso ordinario dentro do prazo, e de non facelo así, procederase o seu cobro por vía de constrinximento segundo o precrito no artigo 97 da vixente Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27).

E para que conste e lles sirva de notificación ós/as denunciados/as, de enderezos descoñecidos, e en cumprimento do disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, sobre réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de novembro), expido, asino e selo a presente cédula en Pontevedra o 9 de decembro de 1998.

Mª Cruz Tomé Navas

Xefa do Servicio Provincial de Transportes

de Pontevedra

ANEXO

-Expediente

-Matrícula

-Denunciante

-Denunciado

-Último enderezo coñecido

-Feito denunciado

-Data-Hora-Estrada-p.k.

-Precepto

infrinxido

-Precepto

sancionador

-Sanción

imposta

PO-00002-O-98

BI-7046-CD

G.C. Tráfico

Indusminus. S.L.

Pintor Losada, 8, bajo

48000 Bilbao Vizcaya

Non leva-la tarxeta de transporte nun lugar visible. Tíñaa entre a documentación do vehículo. Servicio privado.

29-12-1997; 10.55; CP 2205; 0,500

Art. 199,b) do

R.D. 1211/1990

Art. 143 Lei

16/1987

201 R.D.

1211/1990

5.000 ptas.
PO-00322-O-98

M-6137-LS

G.C. Tráfico

Topaes, S.L.

Jofre de Tenorio, 4, 36002

Pontevedra

Circular transportando pedra, carecendo de tarxeta de transportes. Servicio privado, vehículo lixeiro.

9-3-1998; 18.30; N-550; 132

Art. 103 da Lei 16/1987 e

Art. 158 do R.D. 1211/1990

Art. 143 Lei

16/1987

201 R.D.

1211/1990

25.000 ptas.
PO-00358-O-98

C-2076-BP

G.C. Tráfico

Ramón Randulfe Guerra

Avda. do Tellado, 41, s/n

15007 Carral, A Coruña

Efectuar un transporte de diverso material eléctrico (rolos de cable altofalantes), carecendo da correspondente tarxeta de transportes. Servicio privado, vehículo lixeiro.

6-3-1998; 17.25; N-553; 2

Art. 103 da Lei 16/1987 e

Art. 158 do R.d.

1211/1990

Art. 143 Lei

16/1987

201 R.D.

1211/1990

25.000 ptas.
PO-00411-O-98

PO-789-AS

G.C. Tráfico

Rotulos Rodisa, S.L.

Alcoude Figueirido

36140 Vilaboa, Pontevedra

Circular transportando material para a instalación de rótulos, carecendo da autorización. Carece distintivos. Servicio privado, vehículo lixeiro.

25-3-1998; 9.05; N-550; 130,300

Art. 103 da Lei 16/1987 e

Art. 158 do R.D.

1211/1990

Art. 143 Lei

16/1987

201 R.D.

1211/1990

25.000 ptas.
PO-00420-O-98

M-6137-LS

G.C. Tráfico

Topaes, S.L.

Jofre de Tenorio, 4

36002 Pontevedra

Circular transportando pedra, carecendo da correspondente autorización de transportes, carece de todo tipo de distintivos de transportes. Servicio privado, vehículo lixeiro.

9-3-1998; 10.45; N-550; 142,100

Art. 103 da Lei 16/1987 e

Art. 158 do R.D. 1211/1990

Art. 143 Lei

16/1987

201 R.D.

1211/1990

25.000 ptas.
PO-00548-O-98

CU-9998-E

G.C. Tráfico

Agustín Sabino Rodríguez Sanjorge

Gorgullón, 14-3º A

36003 Pontevedra

Circular transportando cemento, carecendo de tódolos distintivos do ámbito de transporte. Servicio privado.

9-1-1998; 16.25; N-558; 4,100

O.M. 25 de outubro

de 1990 (BOE 30)

Art. 143 Lei

16/1987

201 R.D.

1211/1990

15.000 ptas.
PO-01221-O-97

PO-4338-AP

G.C. Tráfico

Gramacor, S.L.

Coutada Ancha, s/n

36418 O Porriño, Pontedra

Transportar pedra (48 metro lineais), carecendo de tarxeta visado de transportes. Servicio privado, vehículo lixeiro.

9-1-1997; 15.40; PO-331; 9

Art. 103 da Lei 16/1987 e

Art. 158 do R.D. 1211/1990

Art. 143 Lei

16/1987

201 R.D.

1211/1990

25.000 ptas