Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 20 Luns, 01 de febreiro de 1999 Páx. 1.121

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

RESOLUCIÓN do 23 de decembro de 1998, da Secretaría Xeral e do Patrimonio da Consellería de Economía e Facenda, pola que se fan públicas as razóns que xustifican a utilización do procedemento de contratación directa no aluguer dun local para dependencias da Comunidade Autónoma de Galicia en Pontevedra.

En cumprimento do disposto no artigo 22.1º da Lei 3/1985, do 12 de abril, do patrimonio da Comunidade Autónoma de Galicia e 55 do Decreto 50/1989, do 9 de marzo, polo que se aproba o Regulamento para a execución da Lei 3/1985, e á vista das competencias que teño atribuídas conforme o Decreto 13/1997, do 23 de xaneiro, polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Economía e Facenda,

RESOLVO:

Facer público que, por razón das limitacións do mercado inmobiliario na zona, se xustifica, logo da fiscalización da Intervención Delegada da Consellería de Economía e Facenda e por proposta da Consellería de Industria e Comercio, a utilización do procedemento de contratación directa do aluguer dun inmoble situado na Avda. Eduardo Pondal, 64-baixo, de Pontevedra, para a situación de dependencias administrativas da Comunidade Autónoma de Galicia.

Santiago de Compostela, 23 de decembro de 1998.

Emilio Álvarez Rey

Secretario xeral e do Patrimonio

da Consellería de Economía e Facenda