Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 20 Luns, 01 de febreiro de 1999 Páx. 1.107

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 14 de decembro de 1998, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se dispón o rexistro, depósito e publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo da empresa Pez Austral, S.A.

Visto o expediente do convenio colectivo para a empresa Pez Austral, S.A., que tivo entrada nesta delegación provincial o día 9-11-1998, subscrito en representación da parte económica pola representación da empresa, e da parte social, polo comité de empresa, con data do 4-11-1998. De conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º, do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo desta delegación provincial, e a notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Vigo, 14 de decembro de 1998.

Antonio Coello Bufill

Delegado provincial de Pontevedra

Convenio colectivo da empresa Pez Austral, S.A.-Vigo 1998

Artigo 1º.-O presente convenio colectivo terá aplicación no centro de traballo Pez Austral, S.A. sito no Peirao de Bouzas, s/n, Vigo.

Artigo 2º.-Ámbito persoal.

Este convenio afectará a totalidade do persoal existente no cadro de persoal da firma, no centro indicado no artigo 1º, así como ó persoal que posteriormente se incorpore o cadro de persoal da empresa.

O persoal directivo quedará exceptuado da aplicación deste convenio.

Defínense como persoal directivo os seguintes cargos:

1. Director de vendas.

2. Director de fabricación.

3. Director de administración.

4. Director de mantemento.

5. Xefe de vendas.

Artigo 3º.-Vixencia do convenio.

Este convenio entra en vigor con data 1 de xaneiro de 1998 e cun período de duración ata o 31 de decembro de 1998. Cunha antelación mínima de tres meses á data do seu vencemento poderán ser iniciados, por calquera das partes, os trámites oportunos do novo convenio.

Artigo 4º.-Condicións máis beneficiosas.

Tódalas condicións económicas establecidas no presente convenio teñen carácter de mínimas e figuran nas táboas salariais anexas.

Artigo 5º.-Clasificación.

O persoal que preste os seus servicios neste centro de traballo e afectado polo presente convenio, clasificarase segundo a súa permanencia e de acordo co seu contrato de fixo ou eventual.

Artigo 6º.-Persoal fixo.

Terá carácter de fixo o persoal que se precise de carácter permanente no seu cadro de persoal.

Artigo 7º.-Persoal eventual.

É o que en situacións extraordinarias se contrate por un tempo fixo e para un traballo eventual determinado. A duración do contrato estará en función da duración do traballo para o que foi contratado, observando sempre na súa contratación o disposto no Estatuto dos traballadores e no real decreto polo que fosen contratados, e o seu contrato será rexistrado e selado pola oficina de emprego correspondente.

Artigo 8º.-Vacantes e postos de nova creación.

Na creación de novos postos de traballo ou na provisión de vacantes, cando se requira persoal de novo ingreso, a empresa terá en conta, en primeiro lugar, o persoal eventual que estea traballando no cadro, ou que traballase nos tres últimos anos, fixando como criterio fundamental o tempo de maior permanencia na empresa (número de días traballados).

O comité de empresa participará coa empresa no control de contratación, así como nas probas necesarias para a admisión de persoal.

Artigo 9º.-Postos especiais.

A empresa procurará emprega-lo persoal cunha capacidade física ou intelectual que diminuíse por idade e outros inconvenientes ocorridos antes da súa xubilación en destinos adecuados ás súas condicións reais, no caso de que existan estes postos. Igual criterio seguirase cos que se encontren en situación de invalidez permanente parcial para a súa profesión habitual.

Artigo 10º.-Condicións xerais sobre ingresos.

A admisión de persoas na empresa acollido ó presente convenio, realizarase en consecuencia o conseguido neste e na normativa vixente.

Todo o persoal da empresa terá, en igualdade de condicións, dereito de preferencia para cubrir vacantes de ingreso, que naquela poidan producirse, de superiores categorías, aínda que se trate de prazas de distinto grupo profesional.

Artigo 11º.-Normas xerais sobre ascensos.

a) Os ascensos de categoría produciranse tendo en conta a formación, méritos e antigüidade do traballador.

b) As categorías profesionais e criterios de ascensos na empresa acomodaranse a regras comúns para os traballadores dun e outro sexo, sempre que se trate de traballos ou labores iguais e de iguais resultados.

c) A empresa co comité de empresa determinará os criterios, normas, requisitos mínimos indispensables das probas de capacitación de acordo coa organización interna da empresa, para cada cargo, fixándose igualmente os méritos e probas de capacitación a que haberá de someterse o persoal.

d) A empresa poderá establecer un período de proba de acordo co establecido no artigo 14 do Estatuto dos traballadores.

e) O ascenso poderá non ser aceptado polo interesado, tanto no caso de quenda por antigüidade como o de elección.

Artigo 12º.-Traballos de superior e inferior categoría.

O traballador que realice funcións de categoría superior ás que corresponda á categoría profesional que tivera recoñecida, por un período superior a catro meses durante un ano e oito meses durante dous anos, pode reclamar perante a dirección da empresa a clasificación profesional adecuada.

Ante a negativa da empresa, e logo do informe do comité de empresa, pode reclamar perante a xurisdicción competente.

Cando desempeñe funcións de categoría superior, e non proceda legal ou convenientemente o ascenso, o traballador terá dereito á diferencia retribuída entre a categoría asignada e a función que efectivamente realice.

Se por necesidades perentorias ou imprevisibles da actividade o empresario precisa destinar un traballador a tarefas correspondentes a categoría inferior á súa, só poderá facelo polo tempo imprescindible, manténdolle a retribución e demais dereitos derivados da súa categoría profesional e comunicándollo ós representantes legais dos traballadores.

Artigo 13º.-Servicio militar ou servicio social substitutorio.

O persoal abranguido no presente convenio terá dereito a que se lle reserve o posto de traballo duran

te o tempo que dure o servicio militar ou servicio social substitutorio, ocupándose a súa praza con persoal interino, debendo o traballador poñerse a disposición da empresa antes de transcorrer trinta días, contados desde a data do seu licenciamento, xa que de non ser así se entenderán extinguidas as relacións xurídico-laborais.

O tempo de prestación do servicio militar obrigatorio ou voluntario e servicio social substitutorio, computarase para os efectos de anos de servicios prestados na empresa como se se realizase traballo activo, así como para os efectos de aumentos económicos polo complemento de antigüidade.

Artigo 14º.-Excedencias.

Todo o persoal terá dereito á situación de excedencia de acordo coas normas reguladas polo Estatuto dos traballadores.

Será readmitido o persoal solicitante cando este enviase solicitude de reincorporación, polo menos con dous meses de antelación ó vencemento, sempre e cando a excedencia sexa igual ou superior a un ano.

Para o suposto da excedencia forzosa, o reingreso deberá ser solicitado dentro do mes seguinte ó cesamento do cargo público.

Artigo 15º.-Vestiarios.

Polas circunstancias do traballo será preciso que certo persoal utilice vestiarios adecuados ó traballo que efectúe. En tal caso a empresa proverá o vestiario correspondente. A definición de tal vestiario e a súa calidade, así como os prazos de entrega, será consecuencia das disposicións vixentes, dos requirimentos especiais de traballo e do estudio técnico sanitario deste, oído o comité de seguridade e hixiene da empresa. Este vestiario será de dous equipos anuais.

Artigo 16º.-Xornada.

A xornada será de 1.775 horas anuais, computándose o tempo do bocadillo, 20 minutos, como traballo efectivo, e de luns a venres, así como naqueles que poidan ser aprobados no futuro.

Artigo 17º.-Horario de oficinas administrativas.

Mantense en inverno xornada partida de 9 a 14 horas e de 16 a 19 horas, e no verán xornada intensiva de 8 a 15 horas, cubrindo a xornada de tarde un empregado de retén rotativo entre o dito persoal; o seu horario en xornada de retén será de 8 a 14 horas e de 16 a 18 horas. O período desta xornada intensiva será desde o 15 de xuño ó 15 de setembro, ámbolos dous incluídos.

Artigo 18º.-Vacacións.

O persoal afectado por este convenio desfrutará dunhas vacacións de trinta días naturais de duración ou parte proporcional ó tempo traballado.

Cando as vacacións sexan fraccionadas, por proposta da empresa, non se terán en conta os días festivos nin domingos.

A empresa concederá as vacacións no período estival.

Para o cálculo das vacacións tomarase a media do último trimestre inmediato anterior ó desfrute da data de vacacións constituída por salario máis tódolos complementos salariais.

Artigo 19º.-Licencias retribuídas.

As licencias e permisos que a empresa poderá concederlles ós traballadores, serán os que se recollen no cadro de licencias, ausencias e facilidades concedidas ós traballadores, unido como anexo ó presente convenio.

Artigo 20º.-Salarios.

A partir do 1 de xaneiro de 1998 rexerán, para tódolos efectos, os salarios que figuran na táboa anexa.

Artigo 21º.-Antigüidade.

Tódolos traballadores afectados por este convenio terán dereito no primeiro bienio ó 3% do salario base e a partir deste bienio computaranse trienios ó 4%.

Artigo 22º.-Horas extras.

Unicamente se realizarán horas extraordinarias cando estas sexan de carácter estructural. A realización de horas extraordinarias axustarase ós criterios seguintes:

1. Horas extraordinarias habituais, supresión.

2. Horas extraordinarias que veñan esixidas pola necesidade de reparar sinistros ou outros danos extraordinarios e urxentes, como no caso de risco de perda de materias primas, realización.

3. Horas extraordinarias, necesarias por pedidos ou períodos punta de producción, ausencias imprevistas, cambios de quendas e outras circunstancias da natureza da actividade de que se trate. Mantendo sempre que non caiba a utilización de distintas modalidades de contratación temporal previstas pola lei.

A dirección da empresa informará periodicamente o comité de empresa e delegado sindical sobre o número de horas extraordinarias realizadas, especificando as causas e, se é o caso, a distribución por seccións. Así mesmo, en función desa información dos criterios, máis arriba sinalados, a empresa e os representantes legais dos traballadores determinarán o carácter e natureza das horas extraordinarias.

En ningún caso as horas extraordinarias poderán ser superiores a un máximo legal de oitenta horas ó ano, agás o disposto no punto 2 anterior.

O importe das horas extraordinarias aboarase coas seguintes recargas:

As realizadas en días non laborables, ó 200% sobre o valor da hora normal de traballo, o resto co 75% do valor da hora normal de traballo.

O traballador terá opción de elixir se as horas extraordinarias que realizou se lle aboan na forma antedita ou se se lle compensan polo tempo de descanso. Se opta polo tempo de descanso, a realización será:

Por cada hora extraordinaria realizada corresponderanlle dúas horas de descanso. O momento que o traballador poida desfrutar das horas ordinarias de descanso que fose acumulando será determinado de mutuo acordo entre a empresa e o traballador.

Dáse por suposto que en calquera caso ese tempo de descanso será retribuído como se fosen horas ordinarias e debidamente cotizado.

4. Prohíbese realizar horas extraordinarias ós menores de dezaoito anos.

Artigo 23º.-Pagas extraordinarias.

Todo o persoal afectado por este convenio, terá dereito a dúas pagas extraordinarias anuais, aboadas a razón dunha mensualidade máis os complementos salariais que corresponda.

Estas pagas faranse efectivas o 15 de xullo e o 15 de decembro.

O persoal que ingrese ou cese durante o ano percibirá as pagas extraordinarias en proporción ó tempo realmente traballado.

Artigo 24º.-Axudas de custo.

A contía da axuda de custos será de 1.120 ptas., establecendo un tempo para efectuar esta axuda, o necesario abranguido entre 30 e 60 minutos, segundo as necesidades productivas e por ampliación de xornada, sendo esta de 3 ou máis horas.

O aboamento por quilometraxe en comisión de servicio será de 36 ptas./km.

Artigo 25º.-Accidentes e I.T.

Todo o persoal afectado por este convenio que estea en situación de incapacidade temporal derivada de accidente de traballo, percibirá un complemento por parte da empresa que completará o total da retribución neta que tivese que percibir no suposto de que estivese en activo.

Os accidentes de traballo producidos in itinere terán o mesmo tratamento que se establece no parágrafo precedente, sempre e cando estes accidentes se produzan como máximo dentro dunha hora previa á entrada ou unha hora posterior á saída do traballo, coa obriga de presentarlle á empresa o volante de asistencia da compañía aseguradora que o acredite.

Con referencia á I.T. (incapacidade temporal), a empresa aboará os catro primeiros días, a partir dos 30 días naturais, dúas veces ó ano.

Artigo 26º.-Complementos de postos de traballo e incentivos á producción.

Mentres non se implanten na empresa sistemas de incentivos á producción, en función da análise

e estudios de métodos e tempos, operarán os seguintes complementos:

1. Complemento de postos de traballo:

a) O persoal de fabricación que preste os seus servicios en serras de corte, máquinas de Norfor, cortadora de ás, mondadora e cortadora de aneis, percibirá, por este concepto, un complemento equivalente a 98 ptas. por hora de traballo nas ditas máquinas.

b) Ó persoal de fabricación que preste os seus servicios nas máquinas Rovemas, Tempura, así como ó persoal de producción que interveña nos labores de tratamento químico de pota, percibirá, por este complemento, a cantidade de 3.499 ptas. ó mes.

2. Incentivos á producción:

a) O persoal de fabricación percibirá polo concepto de incentivo á productividade a cantidade de 2.830 ptas. cando supere a tonelaxe establecida entre a xerencia e o comité de empresa.

b) Así mesmo, o persoal de fabricación en función de que se alcancen os obxectivos de producción anual establecidos entre a xerencia e o comité de empresa, percibirá, polo concepto de incentivo á productividade, o importe equivalente a dez días de salario convenio unha vez ó ano.

c) Así mesmo, e para todo o persoal de producción, tanto preste os seus servicios en liñas, como do resto de postos de producción, créase un complemento de incentivos á producción, polo concepto de primas de elaborado de productos na contía de 25.919 ptas., que se percibirán unha vez ó ano. Este incentivo farase efectivo entre os días 1 e 15 de xaneiro.

Artigo 27º.-Traballos tóxicos, penosos e perigosos.

Aboarase o tempo que se dedique a tarefas que encerren estas características e que foran consideradas como tales, logo do dictame do gabinete de Seguridade e Hixiene e informe da Inspección de Traballo, cun incremento do 20% do salario base, liquidándose exclusivamente o tempo efectivamente traballado.

A empresa e o comité elaborarán un cadro destes traballos, no que queden reflectidas estas tarefas (máquinas, etc.).

Artigo 28º.-Gratificación de nocturnidade.

Esta gratificación será dun 25% sobre o salario convenio, segundo o Estatuto dos traballadores.

Artigo 29º.-Traballo en cámaras.

A dirección da empresa coidará de que se distribúa o citado traballo de forma que este non prolongue os períodos de estadía ininterrompida do persoal no interior das cámaras de productos conxelados, por máis dunha hora, debendo permanecer fóra dela por igual período de tempo, exercendo outra actividade.

A distribución efectuarase, en todo caso, logo de acordo entre o responsable da Sección de Cámaras e os traballadores afectados.

O persoal que realice estes traballos, percibirá un incremento do 25% sobre o salario base por cada hora ou fraccións de media hora en concepto de traballos penosos.

Artigo 30º.-Gratificación de contratación temporal.

Os traballadores con contratos eventuais ou de temporada, sempre que este contrato teña unha duración superior a 30 días e inferior a seis meses, percibirán unha indemnización dun día de salario. E se a súa contratación supera os seis meses e é inferior a un ano, percibirá unha indemnización de dous días por mes, sempre e cando a partir do ano non se renove o seu contrato.

O anterior faise extensivo, igualmente, ós contratos temporais cunha duración dun ano.

Artigo 31º.-Préstamos.

Ó persoal con contratos dun ano ou superiores ó ano, que soliciten estes préstamos, concederáselle-lo importe máximo de dúas mensualidades comezando o desconto deste a partir do mes seguinte da súa concesión. Estes préstamos outorgaranse de acordo entre xerencia e comité de empresa, segundo solicitude. Os préstamos concederanse de maneira que en ningún momento a cantidade global concedida por tal concepto e para o conxunto dos solicitantes supere o límite de 500.000 ptas. mensuais.

Artigo 32º.-Fondo social.

A empresa concederá un fondo social de 1.539.000 ptas. (un millón cincocentas trinta e nove mil pesetas) anuais, procedendo o seu reparto ó comité de empresa co visto e prace da empresa.

Este fondo social destinarase, preferentemente, para bolsas, estudios, libros e outros fins sociais, e estará destinado a traballadores e fillos de traballadores.

Como complemento do fondo social créase un seguro colectivo de vida con cobertura para as continxencias derivadas de accidentes de traballo de:

a) Invalidez permanente parcial e total:

AnoCapital

19964.000.000

19974.250.000

19984.500.000

19994.750.000

20005.000.000

b) Para invalidez permanente absoluta, gran invalidez ou morte; para cada un dos traballadores do cadro de persoal.

AnoCapital

19963.000.000

19973.250.000

19983.500.000

19993.750.000

20004.000.000

Sendo as pólizas individualizadas e o seu custo con cargo á empresa.

Artigo 33º.-Xubilación.

A idade de xubilación será obrigatoria ós 65 anos sempre que o traballador ou traballadora cumpra os requisitos mínimos legais para acceder á prestación de xubilación. A xubilación voluntaria establécese ós 64 anos, segundo as normas do A.I. (acordo interconfederal) e do AES (acordo económico e social).

Premio de xubilación: o persoal cunha antigüidade superior ós 20 anos de servicio percibirá o importe dunha mensualidade e se supera os 30 anos de servicio percibirá o importe de dúas mensualidades.

Artigo 34º.-Subministracións.

A empresa afectada por este convenio proporcionará ós seus traballadores os productos elaborados nela cunha porcentaxe de desconto e a contía estrictamente necesaria para o consumo do fogar do traballador, a acordar ámbolos extremos no seo da empresa.

Artigo 35º.-Dereitos sindicais.

A empresa respectará o dereito de tódolos traballadores a sindicarse libremente. Admitirán que os traballadores afiliados a un sindicato poidan realizar reunións, recadar cotas e distribuír información sindical fóra de horas de traballo e sen perturba-la actividade normal da empresa; non poderá suxeita-lo emprego dun traballador ás condicións de que non se afilie ou renuncie á súa afiliación sindical, e tampouco despedir un traballador ou prexudicalo de calquera outra forma a causa da súa afiliación ou actividade sindical.

Ademais no comité de empresa elixirase un delegado sindical por cada sindicato representativo no comité de empresa. Este delegado será designado por cada sindicato achegando a acta de elección da central sindical correspondente. Os delegados sindicais representarán o sindicato na empresa e terán os mesmos deberes e dereitos cós membros do comité, a excepción do voto, cando sexa necesario.

A empresa respectará as disposicións en vigor, en relación coas garantías dos representantes dos traballadores, así como as competencias do comité de empresa en canto á seguridade e hixiene. Os membros do comité e delegados sindicais terán un crédito de 25 horas mensuais, e de acordo co presente convenio, estas horas poderán ser acumuladas nun ou varios membros do comité, por decisión das respectivas centrais sindicais.

Cota sindical: por requirimento dos traballadores afiliados ás centrais ou sindicatos que teñan representación no comité, a empresa descontará na nómina mensual dos traballadores interesados a cota sindical. Para a realización de tal operación deberán remitirlle á dirección da empresa un escrito no que se expresará con claridade a orde de desconto, a central ou sindicato a que pertenzan, a contía da

cota, así como o número da conta corrente ou cartilla de caixa de aforros á que debe transferirse a correspondente cantidade.

A dirección entregará copia da transferencia á representación sindical.

Artigo 36º.-Recoñecemento médico.

Este recoñecemento será efectuado unha vez ó ano para todo o persoal, así como para o persoal de novo ingreso

Artigo 37º.-Seguridade e hixiene no traballo.

1. A empresa comprométese a desenvolve-las accións e medidas en materia de saúde laboral que sexan necesarias para lograr unhas condicións de traballo onde a saúde do traballador non se vexa afectada por estas, de acordo coa lexislación vixente.

A obrigada aplicación da lexislación vixente debe superarse nas lagoas e desfases que poida representar ante os novos sistemas de traballo e os riscos profesionais que deles se deriven.

As propostas destas accións e medidas deberán estar encamiñadas a lograr unha mellora da calidade de vida e ambiente de traballo, desenvolvendo obxectivos de promoción e defensa da saúde, mellora das condicións de traballo, potenciación das técnicas preventivas como medio para a eliminación dos riscos na súa orixe e control de participación sindical nos centros de traballo.

2. Colocaranse caixas de primeiros auxilios en lugares destacados.

Tódolos postos de traballo terán as medidas de seguridade adecuadas ó mesmo servicio dotado de suficiente auga quente e fría.

Artigo 38º.-Comisión paritaria.

Para a interpretación e vixilancia das condicións xerais pactadas neste convenio, crearase unha comisión paritaria composta por tres membros de cada unha das partes, social e económica. Cando para a resolución de calquera asunto non exista acordo, será o Xulgado do Social competente quen decida sobre el. Cada unha das partes poderá incorporar ás reunións un asesor dos sindicatos correspondentes.

Artigo 39º.-Partes negociadoras e asinantes.

O presente convenio foi negociado e subscrito:

Pola representación económica.

Director xeral: César Español Jofre de Villegas.

Directora de Recursos Humanos: Evangelina Bello Dopazo.

Asesor: Manuel Vigo Giraldo.

Pola representación social

Presidenta: Pilar Martínez Rodríguez (INDTE)

Secretaria: Mª José Rivadulla Fernández (INPTE)

Vocal: Mercedes González Prieto (CC.OO.)

Vocal: Mª Jesús Ferreira Charrasquiel (CIG)

Vocal: Mª Carmen Matos Penedo (CC.OO.)

Vocal: Ana Cancela Currás (CIG)

Vocal: María Pampillón Castro (CIG)

Vocal: Dolores Paredes Rivas (CIG)

Vocal: Ángeles Rodríguez Alves (INPTE)

Disposición adicional

Primeira e única.-No non previsto expresamente neste convenio colectivo aplicarase o establecido polo Estatuto dos traballadores e ordenanza laboral do sector.

Permisos e licencias concedidas ós traballadores.

Motivos da licenciaTempo máximoConceptos que se van percibirXustificantes

SalarioAntig.C. Volunt.

Matrimonio do traballador. Unión parella de feito15 días naturaisSiSiSiLibro familia ou certificación do xulgado, ou se é o caso, certificación de convivencia

Enfermidade grave, hospitalización e intervención cirúrxica de pais, fillos, irmáns e cónxuxe.

Idem de pais políticos e fillos políticos

5 días naturais

3 días naturais

Si

Si

Si

Si

Si

Si

Documento que acredite parentesco e certificado médico con especificación de gravidade

Nacemento de fillo5 días naturaisSiSiSiLibro de familia ou certificado xulgado

Enfermidade garve do cónxuxe, pais, fillos e irmánsExceso dos cinco díasNonNonNonDocumento que acredite parentesco e certificado médico con especificación de gravidade

Morte do cónxuxe ou pais, fillos, irmáns, avós e netos do traballador5 días naturaisSiSiSiEsquela e/ou documentos que acredite parentesco

Morte de tíos1 día naturalSiSiSiEsquela e/ou documento que acredite parentesco

Morte de pais, irmáns, avós e netos do cónxuxe do traballador2 días naturais (provincia)

3 días naturais (fóra da provincia)

Si

Si

Si

Si

Si

Si

Esquela e/ou documento que acredite parentesco

Cambio domicilio habitual1 día naturalSiSiSiCertificado servicio empadroamento

Matrimonio dun fillo en día laborableO día da celebraciónSiSiSiCertificado xulgado ou igrexa. Acreditar parentesco

Lactación dun fillo menor de 9 meses1 hora/día seguida ou reducción 2 fraccións de 1/2 hora. Reducción 1 hora xornadaSiSiSiCertificado parto

Probas ou recoñecementos médicos en centros sanitariosTempo necesarioSiSiSiXustificante médico

Consulta médica (Concello de Vigo)2 horas, sempre que traballe o resto da xornadaSiSiSiCertificado médico

Consulta médica (outros concellos)3 horas, sempre que traballe o resto da xornadaSiSiSiCertificado médico

Representación sindicalO necesario ou legalmente establecidoSiSiSiCitación ou xustificación sindical

Inexcusables de carácter público-Eleccións

Polo tempo necesario

Si

Si

Si

Certificado mesa electoral

Tribunais ordinarios-Testemuña

Polo tempo necesario

Si

Si

Si

Citación

-DemandantePolo tempo necesarioCitación
-DemandadoPolo tempo necesarioCitación

Xulgados do social-Testemuña

Polo tempo necesario

Si

Si

Si

Citación

-DemandantePolo tempo necesarioSiSiSiCitación
-DemandadoPolo tempo necesarioSiSiSiCitación

Presentación a quintasPolo tempo necesarioSiSiSiXustificación de citación

Convenio colectivo da empresa Pez Austral, S.A.

Táboas salariais 1998

Categoría profesionalSalario base

mensual

Sen antigüidadeValor horas extraordinarias

con 1 bienio

Valor horas extraordinarias

con un trienio

Rec. 75%Rec. 200%Rec. 75%Rec. 100%Rec. 75%Rec. 200%

Técnicos administrativos:
Xefe contabilidade145.9212.0203.4612.0813.5652.1623.705
Xefe mantemento xeral140.0311.9353.3171.9943.4182.1623.549
Lcdo. técnico superior157.3292.1633.7422.2493.8542.3354.005

Categoría profesionalSalario base

mensual

Sen antigüidadeValor horas extraordinarias

con 1 bienio

Valor horas extraordinarias

con un trienio

Rec. 75%Rec. 200%Rec. 75%Rec. 100%Rec. 75%Rec. 200%

Xefe administrativo145.9212.0203.4612.0813.5652.1623.705
Xefe movemento133.3071.8373.1521.8933.2461.9683.362
Xefe producción131.5721.8113.1071.8663.2001.9393.325
Adxunto á producción131.5721.8113.1071.8663.2001.9393.325
Encargado xeral125.6521.7292.9631.7813.0521.8513.170
Encargado de sección117.6771.6152.7671.6632.8501.7282.961
Promotor de vendas113.4601.5532.6621.6002.7421.6632.850
Oficial de 1ª administrativo123.9331.7032.9201.7533.0091.8222.125
Oficial de 2ª administrativo117.2101.6062.7551.6562.8371.7212.949
Auxiliar administrativo99.8681.3572.3281.3982.3981.4542.492
Telefonista99.2911.3492.3141.3922.3851.4442.477

Oficios varios:
Oficial 1ª electrónico114.0711.5632.6781.6102.7591.6692.865
Oficial 2ª electrónico112.5281.5402.6401.5852.7191.6492.826
Oficial 1ª mantemento114.4661.5622.6801.6102.7591.6692.865
Oficial 2ª mantemento112.5281.5402.6401.5852.7191.6492.826
Chofer de 1ª112.8241.5442.6471.5892.7261.6522.833
Almaceneiro109.3461.4942.5621.5392.6391.5992.741
Pesador103.8181.4142.4251.4582.4971.5142.595
Conductor carreta117.5751.6132.7641.6612.8471.7252.958
Vixilante nocturno117.1691.6062.7541.6552.8401.7192.948
Axudante oficios varios96.4761.3102.2461.3482.3121.4002.402
Limpadora oficinas96.4761.3102.2461.3482.3121.4002.402
Operaria96.4761.3102.2461.3482.3121.4002.402

Táboa de antigüidades 1998

Categoría profesionalSalario base mensualAntigüidade 1 bienioAntigüidade 1 trienio

Xefe contabilidade145.9214.39010.244
Xefe mantemento xeral140.0314.2069.814
Lcdo. técnico superior157.3294.74511.073
Xefe administrativo145.9214.39010.244
Xefe movemento133.3073.9949.324
Xefe producción131.5723.9419.198
Adxunto a producción131.5723.9419.198
Encargado xeral125.6523.7578.767
Encargado de sección117.6773.5098.185
Promotor de vendas113.4603.3787.880
Oficial 1ª administrativo123.9333.7048.642
Oficial 2ª administrativo117.2103.4948.152
Auxiliar administrativo99.8682.9526.891
Telefonista99.2912.9346.848
Oficial 1ª electrónico114.0713.3967.923
Oficial 2ª electrónico112.5283.3487.812
Oficial 1ª mantemento114.4663.3967.923
Oficial 2ª mantemento112.5283.3487.812
Chofer de 1ª112.8243.3567.832
Almaceneiro109.3463.2477.580
Pesador103.8183.0767.177
Conductor carreta117.5753.5078.179
Vixilante nocturno117.1693.4938.150
Axudante oficios varios96.4762.8476.643
Limpadora oficinas96.4762.8476.643
Opereria96.4762.8476.643

Táboas salariais 1998

Complementos do posto de traballo

Posto de traballoValor

Serra de corte98 ptas./hora traballada
Máquinas NORFOR98 ptas./hora traballada
Cortadora de ás98 ptas./hora traballada
Mondadora de aneis98 ptas./hora traballada
Cortadora de aneis98 ptas./hora traballada
Máquinas ROVENAS3.499 ptas./mes
Máquinas TEMPURA3.499 ptas./mes
Tratamento químico de pota3.499 ptas./mes

Táboas salariais 1998

Incentivos á producción

Persoal afectadoValorRequisito

Persoal de fabricación 2.830 ptas./mesSuperar tonelaxe acordado entre xerencia e comité
Pauciños 65 ptas.