Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 19 Venres, 29 de xaneiro de 1999 Páx. 1.082

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE TEO

ANUNCIO.

Por resolución desta alcaldía do día de hoxe, apróbase inicialmente o proxecto de estudio de detalle e o proxecto de compensación da parcela Chan do Trigo, sita na Ramallosa-Lucí, tramitado por instancia de José Fontenla Torres, en representación de Estronor, S.L.

A parcela ten unha superficie neta de 5.349 m e linda:

Norte: terreo municipal.

Sur: José Vales Fuentes e José Antonio Sánchez Seijo.

Leste: José Antonio Sánchez Seijo.

Oeste: estrada comarcal C-541 Santiago de Compostela-A Estrada e José Vales Fuentes.

O expediente exponse ó público na secretaría do concello, polo prazo dun mes contado desde a publicación deste anuncio no DOG, co obxecto de que os interesados poidan presenta-las alegacións que coiden oportunas.

Teo, 21 de xaneiro de 1999.

Armando Blanco Martínez

Alcalde