Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 19 Venres, 29 de xaneiro de 1999 Páx. 1.071

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA PASTORIZA

EDICTO.

Exposición pública da modificación puntual do Plan Parcial do Parque Empresarial da Pastoriza.

Aprobada inicialmente polo pleno deste concello, en sesión celebrada o día 17 de decembro de 1998, a modificación puntual do Plan Parcial do Parque Empresarial da Pastoriza, en desenvolvemento do anexo IV das normas complementarias e subsidiarias provinciais, de conformidade co disposto no artigo 42 da Lei 1/1997, do solo de Galicia, sométese a información pública polo prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da inserción deste edicto no Diario Oficial de Galicia, durante o cal poderá ser examinado na secretaría deste concello e formular ante esta alcaldía as alegacións que se coiden oportunas.

Conforme dispón o artigo 34 da lei citada, queda suspendido o outorgamento de licencias de parcelación de terreos, edificacións e demolicións, no ámbito territorial afectado pola modificación do plan parcial. Esta suspensión terá unha duración máxima dun ano e extinguirase, en todo caso, coa aprobación definitiva da modificación puntual do plan.

A Pastoriza, 13 de xaneiro de 1999.

Áurea Castro Conde

Alcaldesa accidental