Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 19 Venres, 29 de xaneiro de 1999 Páx. 1.063

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E POLÍTICA AGROALIMENTARIA

RESOLUCIÓN do 11 de xaneiro de 1999 pola que se fan públicas as adxudicacións de varios contratos administrativos.

En cumprimento do disposto no artigo 94.2º da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas, fanse públicas as adxudicacións dos seguintes contratos administrativos:

-Campaña publicitaria de mentalización sobre a necesidade de consumir alimentos etiquetados.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Industrias e Alimentación.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo de contrato: asistencia técnica.

b) Descrición do obxecto: realización dunha campaña publicitaria de mentalización sobre a necesidade de consumir productos etiquetados.

c) Boletín ou diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación: Diario Oficial de Galicia nº 212, do 2 de novembro de 1998.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Orzamento base de licitación:

Importe total: vintecinco millóns de pesetas (25.000.000 de ptas.).

5. Adxudicación.

a) Data: 9 de decembro de 1998.

b) Contratista: Imaxe e Publicidade, S.A.

c) Nacionalidade: española.

d) Importe de adxudicación: vintecatro millóns novecentas cincuenta mil duascentas corenta pesetas (24.950.240 ptas.).

-Realización de 800 exemplares en papel do anuario de estatística agraria 1997 e a edición de 800 exemplares cun CD Rom do anuario de estatística agraria 1997 e dunha folla Web de síntese del.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo de contrato: asistencias técnicas.

b) Descrición do obxecto: realización de 800 exemplares en papel do Anuario de Estatística Agraria 1997 e a edición de 800 exemplares dun CD Rom do Anuario de Estatística Agraria 1997 e dunha folla Web de síntese del.

c) Lotes:

Lote 1: edición en papel do Anuario de Estatística Agraria/97.

Lote 2: edición dun CD Rom e dunha folla Web.

d) Boletín ou diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación: Diario Oficial de Galicia nº 199, do 14 de outubro de 1998.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: restrinxido.

c) Forma: concurso público.

4. Orzamento base de licitación:

Importe total: sete millóns cincocentas mil pesetas (7.500.000 ptas.).

Lote 1: tres millóns de pesetas (3.000.000 de ptas.).

Lote 2: catro millóns cincocentas mil pesetas (4.500.000 ptas.).

5. Adxudicación.

a) Data: 16 de novembro de 1998.

b) Contratista:

Lote 1: Gráficas Garabal, S.L.

Lote 2: Eido Media, S.L.

c) Nacionalidade: española.

d) Importe de adxudicación:

Lote 1: dous millóns trescentas cincuenta e seis mil duascentas sesenta e tres mil pesetas (2.356.263 ptas.).

Lote 2: catro millóns cincocentas mil pesetas (4.500.000 ptas.).

-Ampliación do centro de capacitación agraria de Guísamo (A Coruña) EX-020.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo de contrato: obras.

b) Descrición do obxecto: ampliación do Centro de Capacitación Agraria de Guísamo (A Coruña).

c) Boletín ou diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación: Diario Oficial de Galicia nº 212, do 2 de novembro de 1998.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Orzamento base de licitación:

Importe total: vinte millóns seiscentas sesenta e catro mil setecentas corenta e catro pesetas (20.664.744 ptas.).

5. Adxudicación.

a) Data: 4 de decembro de 1998.

b) Contratista: Reycons, S.L.

c) Nacionalidade: española.

d) Importe de adxudicación: vinte millóns duascentas dezaseis mil trescentas dezanove pesetas (20.216.319 ptas.).

-Adquisición dun sistema de cromatografía líquida de alta resolución para purificación de proteínas con destino ó centro de investigacións agrarias de Mabegondo.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo de contrato: subministracións.

b) Descrición do obxecto: adquisición dun sistema de cromatografía líquida de alta reolución para purificación de proteínas con destino ó Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo.

c) Boletín ou diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación: Diario Oficial de Galicia nº 180, do 16 de setembro de 1998.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Orzamento base de licitación:

Importe total: cinco millóns duascentas mil pesetas (5.200.000 ptas.).

5. Adxudicación.

a) Data: 21 de outubro de 1998.

b) Contratista: Amersham Pharmacia Biotech Europe GMBH.

c) Nacionalidade: española.

d) Importe de adxudicación: cinco millóns cento oitenta mil pesetas (5.180.000 ptas.).

-Adquisición de reactivos e instrumental de laboratorio para o programa de saneamento gandeiro.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Producción Agropecuaria.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo de contrato: subministracións.

b) Descrición do obxecto: adquisición de reactivos e instrumental de laboratorio para o programa de saneamento gandeiro.

c) Lotes:

Lote 1:

A) Reactivos para diagnóstico serolóxico de peste porcina clásica para un mínimo de 50.000 determinacións.

B) Reactivos para diagnóstico laboratorial de tuberculose para un mínimo de 15.000 determinacións.

Lote 2: 1 cámara de cultivos anaerobios.

Lote 3: 1 dispensador automático para microplacas.

Lote 4: 10.000.000 de puntas de micropipeta e 1.000 racks.

d) Boletín ou diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación: Diario Oficial de Galicia nº 177, do 11 de setembro de 1998.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Orzamento base de licitación:

Importe total: vintesete millóns setecentas dez mil pesetas (27.710.000 ptas.).

Lote 1: quince millóns de pesetas (15.000.000 de ptas.).

A) Seis millóns duascentas mil pesetas (6.200.000 ptas.).

B) Oito millóns oitocentas mil pesetas (8.800.000 ptas.).

Lote 2: tres millóns sesenta mil pesetas (3.060.000 ptas.).

Lote 3: un millón catrocentas cincuenta mil pesetas (1.450.000 ptas.).

Lote 4: oito millóns duascenta mil pesetas (8.200.000 ptas.).

5. Adxudicación.

a) Data: 20 de novembro de 1998.

b) Contratista:

Lote 1: Ingenasa.

Lote 2: Drogallega, S.L.

Lote 3: R. Costoya, S.L.

Lote 4: R. Costoya, S.L.

c) Nacionalidade: española.

d) Importe de adxudicación:

Lote 1: quince millóns de pesetas (15.000.000 de ptas.).

Lote 2: tres millóns sesenta mil pesetas (3.060.000 ptas.).

Lote 3: un millón catrocentas corenta e cinco mil pesetas (1.445.000 ptas.).

Lote 4: oito millóns cincuenta e sete mil cen pesetas (8.057.100 ptas.).

Santiago de Compostela, 11 de xaneiro de 1999.

P.D. (Orde 15-12-1997, DOG nº 243 do 17)

Ángel Bernardo Tahoces

Secretario xeral da Consellería de Agricultura,

Gandería e Política Agroalimentaria