Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 19 Venres, 29 de xaneiro de 1999 Páx. 1.060

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 10 de decembro de 1998, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se autoriza e se declara en concreto de utilidade pública para os efectos da urxente ocupación a seguinte instalación eléctrica: L.M.T., C.T. e R.B.T. Vilameá-Lueda-Buxán, no concello de Bande, provincia de Ourense. (Expediente IN407A 98/101-3 A.T.).

Unión Eléctrica-Fenosa, S.A., con domicilio para efectos de notificacións na r/ Sáenz Díez nº 45, 32003-Ourense, solicitou desta delegación provincial a autorización administrativa e a declaración, en concreto, de utilidade pública da instalación eléctrica de referencia.

No expediente cumpríronse os trámites sinalados no artigo 53 da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, e os regulamentarios ordenados no capítulo III do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, e nos capítulos III e IV do regulamento de aplicación da Lei 10/1966, do 18 de marzo, sobre expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas, aprobado polo Decreto 2619/1966, do 20 de outubro, de aplicación ó presente expediente segundo o que establece a disposición transitoria 1ª da indicada Lei 54/1997.

Na fase de información pública presentaron alegacións os titulares dos predios números 2, 8, e 10 da relación de afectados que manifestan a súa oposición ó trazado da liña e propón unha alternativa a aquela. As ditas alegacións foron desestimadas polas razóns que en cada caso se lle notifican ó afectado en escrito á parte, e que non se transcriben na presente resolución para evitar repeticións.

Vista sobre o terreo a traza da liña eléctrica proxectada, obsérvase que nela non se dá ningunha das prohibicións ou limitacións ás que se refiren res

pectivamente os artigos 25 e 26 do citado Decreto 2619/1966.

Sendo competente este organismo, con base no Estatuto de autonomía de Galicia, no Real decreto 2563/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma galega en materia de industria, enerxía e minas, e no exercicio das competencias atribuídas polos decretos 2617/1966 e 2619/1966,

RESOLVO:

1. Autorizarlle a Unión Eléctrica-Fenosa, S.A. o establecemento da seguinte instalación eléctrica que conta cos seguintes datos básicos para un orzamento de 15.973.775 de ptas.:

-L.M.T. de 265 m de lonxitude, con orixe no apoio existente nº 117 da L.M.T. Conchas-Celanova e remate no C.T. aéreo proxectado en Vilameá, con 50 kVA, r/t 20.000/380-220 V; rede de baixa tensión (R.B.T.) aérea proxectada desde o citado C.T., de 970 m, en conductor R.Z.

-L.M.T. de 258 m, con orixe no apoio existente nº 117 da L.M.T. Conchas-Celanova e remate no C.T. aéreo proxectado en Lueda, con 50 kVA, r/t 20.000/380-220 V. R.B.T aérea de 855 m en conductor R.Z.

-L.M.T. de 624 m de lonxitude, con orixe no apoio nº 110 da L.M.T. Conchas-Celanova e remate no C.T. aéreo proxectado en Buxán, con 50 kVA, r/t 20.000/380-220 V. R.B.T de 740 m en conductor R.Z.

2. Declara-la utilidade pública, en concreto, da instalación eléctrica autorizada, coas consecuencias establecidas no artigo 54 da Lei 54/1997, do sector eléctrico, de necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa. Igualmente levará implícita a autorización para o establecemento ou paso da instalación eléctrica sobre terreos de dominio, uso ou servicio público, ou patrimoniais do Estado, ou das comunidades autónomas, ou de uso público, propios ou comunais da provincia ou municipio, obras e servicios deles e zonas de servidume pública.

3. Que o representante da Administración, en cumprimento do disposto nos artigos 52 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954, e 31 do regulamento da Lei 10/1966, do 18 de marzo, dea comezo ó levantamento das actas previas á ocupación, nos días e horas que a cada interesado se lle notifique individualmente, dos predios contidos na resolución desta delegación provincial do 29 de abril de 1998, que se publicou no DOG do 19 de xuño, no BOP de Ourense do 30 de maio, e no xornal diario La Región do 15 de maio.

Esta resolución non é definitiva en vía administrativa e contra dela poderase interpoñer recurso ordinario perante o conselleiro de Industria e Comercio, no prazo dun mes contado desde o día da súa publicación, conforme o establecido no artigo 114

da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Ourense, 10 de decembro de 1998.

Alfredo Cacharro Pardo

Delegado provincial de Ourense

11842