Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 19 Venres, 29 de xaneiro de 1999 Páx. 1.053

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CATRO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (20/1996).

Eu, Rosa del Carmen Collazo Lugo, maxistrada do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción

número catro de Santiago de Compostela e o seu partido xudicial, fago saber que neste xulgado do meu cargo se seguen autos de quebra co nº 20/1996, por instancia da entidade Octec, S.L., representada pola procuradora Sánchez Silva contra a entidade Construvent Estradense, S.A.,se dictou providencia no día de hoxe acordando a publicación de que na Xunta Xeral de Acredores do 4 de xuño de 1998 se propuxo e foi acordada a sindicatura para este xuízo, composta por José Carmelo Fraile Renieblas para síndico primeiro, Jesús Redondo Manteiga para síndico segundo e Ángel Paseiro García para síndico terceiro, os cales aceptaron o cargo e xuraron desempeñalo ben e fielmente, co fin de que as persoas que determina o artigo 1220 da LAC poidan impugna-la dita elección dentro do prazo que este precepto sinala.

E para que o acordado se cumpra e publicar no taboleiro de anuncios deste xulgado, no DOG e no xornal El Correo Gallego desta cidade, expido este edicto en Santiago de Compostela o dezaseis de decembro de mil novecentos noventa e oito.

A maxistrada

Rubricado

O secretario

Rubricado