Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 19 Venres, 29 de xaneiro de 1999 Páx. 1.044

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 7 de xaneiro de 1999 pola que se nomea profesor titular de universidade da área de coñecemento de psicoloxía evolutiva e da educación, do departamento de Psicoloxía Evolutiva e da Educación a Antonio Valle Arias.

De conformidade coa proposta elevada pola comisión designada para xulga-lo concurso convocado por resolución desta universidade, do 6 de abril de 1998 (BOE do 30 de abril), para a provisión da praza número 98/033 de profesor titular de univer

sidade da área de coñecemento de psicoloxía evolutiva e da educación, do departamento de Psicoloxía Evolutiva e da Educación desta universidade, a favor de Antonio Valle Arias, e unha vez acreditados polo interesado os requisitos a que alude o número 2º do artigo 5 do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro,

Este rectorado, e uso das atribucións conferidas polo artigo 42 da Lei 11/1983, do 25 de agosto, de reforma universitaria, e demais disposicións que a desenvolven, resolveu nomear a Antonio Valle Arias profesor titular de universidade da área de coñecemento de psicoloxía evolutiva e da educación, do departamento de Psicoloxía Evolutiva e da Educación, desta universidade.

A Coruña, 7 de xaneiro de 1999.

José Luis Meilán Gil

Rector da Universidade da Coruña