De conformidade coa proposta elevada pola comisión designada para xulga-lo concurso convocado por resolución desta universidade, do 6 de abril de 1998 (BOE do 30 de abril), para a provisión da praza número 98/037 de profesor titular de universidade da área de coñecemento de medicina, do departamento de Medicina desta universidade, a favor de Alfonso Castro Beiras, e unha vez acreditados polo interesado os requisitos a que alude o número 2º do artigo 5 do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro,
Este rectorado, e uso das atribucións conferidas polo artigo 42 da Lei 11/1983, do 25 de agosto, de reforma universitaria, e demais disposicións que a desenvolven, resolveu nomear a Alfonso Castro Beiras profesor titular de universidade da área de coñecemento de medicina, do departamento de Medicina, desta universidade.
A Coruña, 7 de xaneiro de 1999.
José Luis Meilán Gil
Rector da Universidade da Coruña