Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 18 Xoves, 28 de xaneiro de 1999 Páx. 1.004

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO da aprobación definitiva do proxecto de urbanización do estudio de detalle Roade (expediente 4086/401).

O Consello da Xerencia de Urbanismo, en sesión celebrada o día 4 de decembro, acordou aprobar definitivamente o proxecto de urbanización do estudio de detalle na rúa Roade-Avda. Atlántida, presentado por Fernando Pujales Estévez en representación de Carmen Estévez Pinal, redactado polo enxeñeiro técnico de obras públicas Fernando Pujales Estévez e con visado colexial do 29 de abril e 25 de setembro de 1998.

O presente anuncio servirá de notificación nos termos do artigo 59 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común para tódolos propietarios e interesados directamente afectados que por resultaren descoñecidos ou ignorando o seu enderezo non poidan ser notificados persoalmente.

Vigo, 17 de decembro de 1998.

Manuel Pérez Álvarez

Alcalde-presidente da Xerencia Municipal de Urbanismo