Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 18 Xoves, 28 de xaneiro de 1999 Páx. 1.000

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

EMPRESA PÚBLICA DE OBRAS E SERVICIOS HIDRÁULICOS

RESOLUCIÓN do 28 de decembro de 1998 pola que se fai pública a adxudicación definitiva do contrato administrativo que se cita.

O presidente da Empresa Pública de Obras e Servicios Hidráulicos, en virtude das facultades que ten conferidas de conformidade co artigo 9 dos estatutos da Empresa Pública de Obras e Servicios Hidráulicos, aprobados polo Decreto 125/1996, do 7 de marzo, resolveu adxudica-lo seguinte traballo:

Recuperación da auga de lavado dos filtros da ETAP do Casal. Vigo.

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Empresa Pública de Obras e Servicios Hidráulicos.

b) Número de expediente: clave: OH.236.393.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo de contrato: administrativo.

b) Descrición do obxecto: recuperación da auga de lavado dos filtros da ETAP do Casal. Vigo.

c) Boletín, Diario Oficial e data de publicación do anuncio de licitación: Diario Oficial de Galicia, do 30 de outubro de 1998.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso de proxecto e execución.

4. Orzamento base da licitación:

Importe total: 150.000.000 de ptas.

5. Adxudicación:

a) Data: 28 de decembro de 1998.

b) Contratista: Degrémont Medioambiente, S.A.

c) Nacionalidade: española.

d) Importe da adxudicación: 155.511.150 ptas.

Outras informacións: en cumprimento do previsto no artigo 58 da vixente Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, do 26 de novembro de 1992, notifícase, advertíndose que esta resolución pon fin á vía administrativa e é susceptible de recurso contencioso-administrativo, perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da publicación da presente resolución, de conformidade co artigo 58 da Lei reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

O que se fai público para os efectos previstos no artigo 94 da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 28 de decembro de 1998.

Agustín Hernández-Fernández de Rojas

Presidente da Empresa Pública de

Obras e Servicios Hidráulicos