Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 18 Xoves, 28 de xaneiro de 1999 Páx. 995

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 18 de decembro de 1998, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 98/394-1).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Hidroeléctrica de Laracha, S.L.

Domicilio social: Tte. Xral. Gómez Zamalloa, 9-1º, 15000 A Coruña.

Denominación: C.T. e R.B.T. Castro-Gabenlle.

Situación: Laracha.

Características técnicas: centro de transformación aéreo de 50 kVA a 15.000+-2,5-5%/398-230 voltios en Castro-Gabenlle e adaptación á rede de baixa tensión existente. Laracha.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 18 de decembro de 1998.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña