Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 18 Xoves, 28 de xaneiro de 1999 Páx. 993

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 16 de decembro de 1998, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 98/342-1).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita.

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: Avda. de Arteixo, 171, 15000 A Coruña.

Denominación: L.M.T., C.T., N-VI Costa da Tapia.

Situación: Cambre.

Descricións técnicas: expediente 342/98 liña eléctrica subterránea de media tensión a 15 kV baixo tubo e con conductor 2 R.H.V.-12/20 kV de 3(1x240) mm Al, de 130 m de lonxitude, con orixe na liña nº 8 de San Marcos, tramo C.T. Luis Pimentel. C.T. Costa da Tapia, que se vai instalar. Centro de transformación en planta baixa edificio, na esquina N-VI Costa da Tapia, de 400 kVA, e tensións de 15/0,380-0,220 kV. Cambre.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997 do 27 de novembro, e nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolveu,

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

A Coruña, 16 de decembro de 1998.

Manuel Estévez Mengotti

Delegado provincial da Coruña en funcións

11851