Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 18 Xoves, 28 de xaneiro de 1999 Páx. 992

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 15 de decembro de 1998, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 98/385-1).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Domicilio social: Avda. de Arteixo, 171, 15000 A Coruña.

Denominación: L.M.T., C.T.C., R.B.T. Longueira-Petón.

Situación: A Coruña-Arteixo.

Características técnicas: L.M.T. aerosubterránea a 15/20 kV de 50 e 520 m de lonxitude en conductor tipo LA-56 e R.H.V. 240 mm que parte da liña 4 denominada subestación Grela (rural) e remate no C.T. Longueira-Petón, Meicende, C.T. subterráneo de 1.000 kVA a 15.000+-2,5-5%/420. Rede de baixa tensión aerosubterránea de 460 m e 725 m, respectivamente. Concello de Arteixo.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 15 de decembro de 1998.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña