Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 18 Xoves, 28 de xaneiro de 1999 Páx. 990

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 14 de decembro de 1998, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 97/417-1).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita.

Solicitante: Hidroeléctrica del Zarzo, S.A.

Enderezo social: CL. Mancebo, 6, 15600 Pontedeume.

Denominación: R.B.T. Sevil.

Situación: Monfero.

Descricións técnicas: R.B.T. aérea de 1,537 km con orixe no C.T. Bouza-Santa Xuliana, en conductor R.Z., sobre apoios de formigón.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997 do 27 de novembro, e nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolveu,

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

A Coruña, 14 de decembro de 1998.

Manuel Estévez Mengotti

Delegado provincial da Coruña en funcións