Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 18 Xoves, 28 de xaneiro de 1999 Páx. 989

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 9 de decembro de 1998, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 98/172-3).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: Sáenz Díez, 45, 32003 Ourense.

Denominación: C.T. aéreo de 100 kVA e L.M.T. aérea a 20 kV.

Situación: Bande.

Descricións técnicas: L.M.T. aérea a 20 kV de 30 metros en conductor tipo LA-56, derivada desde o apoio nº 126 da L.M.T. Conchas-Bande e remate no C.T. aéreo proxectado de 100 kVA, r/t 20.000/380-220 V. Nunha parcela propiedade de Bande Conyel, S.L. sita ás aforas do núcleo urbano de Bande nas proximidades da estrada a Lueda.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolveu,

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Ourense, 9 de decembro de 1998.

Alfredo Cacharro Pardo

Delegado provincial de Ourense

11871