Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 17 Mércores, 27 de xaneiro de 1999 Páx. 972

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VILA DE CRUCES

ANUNCIO.

O Pleno da Corporación, en sesión do día 23 de decembro de 1998, resolveu a alegación presentada ó prego de condicións económico-administrativas, que rexerán o concurso polo procedemento aberto da concesión por concurso da xestión integral do servicio de abastecemento de agua potable a saneamento do municipio de Vila de Cruces, quedando modificado no seu artigo 41.1º c).

Polo tanto ábrese un novo prazo de presentac ión de proposicións: presentaranse no Rexistro de Entrada do Concello de Vila de Cruces, das 9 ás 14 horas, durante os vinteseis días naturais seguintes ó da publicación deste anuncio no último dos boletíns, BOP ou Diario Oficial de Galicia.

O anuncio desta licitación xa foi publicado no BOP do 21-10-1998, e no DOG do 30-10-1998.

Vila de Cruces, 28 de decembro de 1998.

Jesús Otero Varela

Alcalde-presidente