Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 17 Mércores, 27 de xaneiro de 1999 Páx. 964

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E POLÍTICA AGROALIMENTARIA

RESOLUCIÓN do 18 de decembro de 1998, do Servicio de Desenvolvemento Rural de Lugo, pola que se anuncia a toma de posesión dos predios de substitución na zona de Laxe (Chantada-Lugo).

Ponse en coñecemento de tódolos interesados na concentración parcelaria da zona de Laxe (Chantada-Lugo) que co obxecto de que tomen posesión deles, póñense á disposición dos respectivos propietarios os predios de substitución, fixándose como data límite, para a dita toma de posesión, o do 1 de marzo de 1999 e o 1 de xuño de 1999 para árbores madeireiras, a falta de acordo do seu propietario e o novo adxudicatario do predio en que se atopen.

Segundo establece o artigo 46 da Lei de concentración parcelaria para Galicia do 14 de agosto de 1985, no prazo de trinta días hábiles, e contados desde o 2 de marzo de 1999, os interesados poderán reclamar, acompañando o dictame pericial de todos e cada un dos predios, sobre diferencias superiores ó dous por cento, entre a cabida real dos novos predios e que consta no expediente de concentración.

Segundo o artigo 45 da devandita lei, o propietario que non permita a toma de posesión dos predios, será obxecto de compulsión directa, logo do apercibimento ou instrucción dun expediente incoado para o efecto. As denuncias contra os propietarios que impidan a toma de posesión deberán facela os novos propietarios no prazo sinalado no segundo parágrafo deste escrito.

Así mesmo, ponse en coñecemento de todos que a posesión dos predios de substitución lles outorga ós que no acordo de concentración figuren como adxudicatarios, os medios de defensa establecidos polas

leis. Advírtese que todo aquel que non abandone a posesión na data antes fixada, poderá verse privado das colleitas, se falta acordo co adxudicatario.

Lugo, 18 de decembro de 1998.

Fernando López Gutiérrez

Xefe do Servicio de Desenvolvemento Rural de Lugo

Visto e prace

José R. Molinero Senovilla

Delegado provincial de Lugo