Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:
Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.
Domicilio social: Avda. García Barbón, 38, 36201 Vigo.
Denominación: L.M.T., C.T. e R.B.T. Centro Ocupacional.
Situación: Mos.
Descricións técnicas: L.M.T. subterránea, a 15 kV, de 25 m de lonxitude, con conductor tipo R.H.V., desde a liña A.T.I. 7.23 na súa derivación ó C.T. Aistel, rematando no C.T. que se proxecta no centro ocupacional, concello de Mos. C.T. de 160 kVA, relación de transformación 15 kV-380/220 V. R.B.T. subterránea, de 160 m de lonxitude, con conductor tipo R.V.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.
Pontevedra, 20 de novembro de 1998.
Carmen Bianchi Valcarce
Delegada provincial de Pontevedra