Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 17 Mércores, 27 de xaneiro de 1999 Páx. 950

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 23 de decembro de 1998, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se dispón a inscrición no rexistro e publicación, no Diario Oficial de Galicia, do acordo asinado o día 10 de decembro de 1998 pola comisión deliberadora do convenio colectivo de ámbito provincial para o sector da edificación e das obras públicas.

Visto o texto do acordo asinado o día 10 de decembro de 1998 pola comisión deliberadora do convenio colectivo para o sector de edificación e obras públicas (código 2700255), da provincia de Lugo, integrada pola representación da Asociación Provincial de Empresarios da Construcción e das centrais sindicais MCA-UGT (36,3%), por FECOMA-CC.OO. (31,7%), por USO (10,5%) e por FCM-CIG (17,3%) mediante o que se fixa o calendario laboral para o ano 1999, no ámbito do referido convenio, e de conformidade co disposto no artigo 90, números 2º e 3º do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, e no Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo, esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la inscrición do citado convenio colectivo no rexistro de convenios desta delegación, así como o seu depósito.

Segundo.-Remiti-lo texto do mencionado convenio á Dirección Xeral de Relacións Laborais da Xunta de Galicia.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Lugo, 23 de decembro de 1998.

(Decreto 13/1994, do 20 de xaneiro)

Rafael Díaz Iglesias

Secretario provincial da Delegación

Provincial de Lugo

Asistentes:

Representación sindical.

Por MCA-UGT:

Adolfo Mosteirín Turia.

Alfonso García Capón.

Luis Castro García.

Por FECOMA-CC.OO.:

Ángel Barreiro Pérez.

Jesús Varela Lodeiro.

Por USO:

María del Carmen Arias Río.

Por FCM-CIG:

Iñaki García Gómez.

Guillermo Rey Rouco.

Xosé Manuel Seixas Ares.

Representatividade no sector.

Convenio de edificación e obras públicas.

-Por MCA-UGT: 36,3% de representación.-Por FECOMA-CC.OO.: 31,7% de representación.-Por USO: 10,5% de representación.-Por FCA-CIG: 17,3% de representación.

Representación patronal (APEC).

Hipólito Trinidad Losada.

Miguel Varela Varela.

Ricardo Castro López.

José Juan Meijide Varela.

Juan Manuel González-Zaera González.

Silviano Pizarro Gómez.

Asesora.

Pilar Díaz Rodríguez.

Na cidade de Lugo o 10 de decembro de 1998, reúnense os representantes das centrais sindicais e de APEC que á marxe se relacionan, como compoñentes da comisión deliberadora do convenio provincial de edificación e obras públicas, co obxecto de tratar sobre o calendario laboral para o ano 1999.

Despois dunha ampla deliberación, adóptanse os seguintes acordos:

Primeiro.-Fixar como festivos do convenio para o ano 1999 os días 15 de febreiro, 5 de abril, 4 de outubro, 11 de outubro, 7 de decembro, 24 de decembro e 31 de decembro.

Segundo.-Adapta-lo calendario laboral á xornada de 1.760 horas anuais para dar cumprimento ó artigo 70.1º do convenio xeral do sector da construcción, que se xunta a este acordo.

E en proba de conformidade, asínase a presente acta no lugar e data indicados no encabezamento.

Calendario laboral para o período do 1 de xaneiro ó 31 de decembro de 1999

DíasXaneiroFebreiroMarzoAbrilMaioXuñoXulloAgostoSetembroOutubroNovembroDecembroDías

1FN88FNS.FN88Domingo88FN81
2Sábado88FNDomingo8888Sábado882

3Domingo88Sábado88Sábado88Domingo883
4888Domingo88Domingo8SábadoFC-88Sábado4

5888FC-88Sábado88DomingoFL8Domingo5
6FNSábadoSábado88Domingo8888SábadoFN6

78DomingoDomingo8888Sábado88DomingoFC-87
88888Sábado88Domingo888FN8

9Sábado888Domingo8888Sábado889
10Domingo88Sábado88Sábado88Domingo8810

11888Domingo88Domingo8SábadoFC-88Sábado11
1288888Sábado88DomingoFN8Domingo12

138SábadoSábado88Domingo8888Sábado813

148DomingoDomingo8888Sábado88Domingo814

158FC-888Sábado88Domingo888815

16SábadoFL88Domingo8888Sábado8816

17Domingo88SábadoFN8Sábado88Domingo8417

18888Domingo88Domingo8Sábado88Sábado18

1988FN88Sábado88Domingo88Domingo19

208SábadoSábado88Domingo8888Sábado820

218DomingoDomingo8888Sábado88Domingo821

228888Sábado88Domingo888822

23Sábado888Domingo8888Sábado8823

24Domingo88Sábado88Sábado88Domingo8FC-824

25888Domingo88Domingo8Sábado88S.FN25

2688888Sábado88Domingo88Domingo26

278SábadoSábado88Domingo8888Sábado827

288DomingoDomingo8888Sábado88Domingo828

29888Sábado88Domingo888829

30Sábado88Domingo8888Sábado8830

31Domingo88Sábado8DomingoFC-831

XaneiroFebreiroMarzoAbrilMaioXuñoXulloAgostoSetembroOutubroNovembroDecembro

Horas/

mes

1521441761521601761761761761361681401.932
Días/

mes

191822192022222222172118242

NOTA:

1. As festas locais, 16 de febreiro e 5 de outubro refírense ó concello de Lugo. Para o resto dos concellos serán as que se determinen no calendario de festas publicado no BOP número 248, do 29-10-1998.

2. Os días sinalados como FC-8 teñen tratamento de festivos no ano 1999, para dar cumprimento ó artigo 70 do convenio xeral do sector da construcción do 30-4-1998 (BOE do 4-6-1998), e non perderán, polo tanto, o seu carácter laboral para futuros convenios.

3. Cando un festivo local (FL) coincida con algún festivo convenio (FC-8), este pasarase ó día anterior ou posterior laboral.

4. Este calendario será de aplicación naquelas empresas que non teñan establecido o seu calendario laboral, de acordo co artigo 70.4º do convenio xeral do sector da construcción.

5. Nos concellos nos que non sexa festivo local o martes de entroido (16 de febreiro), pasarase ó día anterior ou posterior do primeiro día festivo local.