Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:
Solicitante: Sestelo y Cía, S.A.
Domicilio social: Gabino Bugallal, 44, 36860 Ponteareas.
Denominación: reforma L.M.T. Ponteareas-Mondariz, tramo Mondariz Balneario-Cela.
Situación: Mondariz.
Descricións técnicas: L.M.T. aérea, a 20 kV, de 897 m de lonxitude, desde o C.T. Mondariz Balneario ata o entronque coa L.M.T. a Lordelo, en Cela, e 300 m de lonxitude, desde o C.T. de Mondariz Balneario ata o C.T. de Augas de Troncoso, con conductor tipo LA-110 sobre apoios metálicos, concello de Mondariz.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.
Pontevedra, 4 de decembro de 1998.
Carmen Bianchi Valcarce
Delegada provincial de Pontevedra
11647