Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:
Solicitante: Sestelo y Cía, S.A.
Domicilio social: Gabino Bugallal, 44, 36860 Ponteareas.
Denominación: L.M.T. e C.T. nas Cachadas.
Situación: Ponteareas.
Descricións técnicas: L.M.T. subterránea, a 20 kV, de 20 m de lonxitude, con conductor trifásico de 95 mm, desde a L.M.T. Ponteareas-Vilasobroso, alimentando en bucle o C.T. que se proxecta nas Cachadas, rematando na mesma liña, concello de Ponteareas. C.T. de 160 kVA, relación de transformación 15/20 kV-380/220 V.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.
Pontevedra, 4 de decembro de 1998.
Carmen Bianchi Valcarce
Delegada provincial de Pontevedra
11646