Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 16 Martes, 26 de xaneiro de 1999 Páx. 922

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 26 de novembro de 1998, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 98/343-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Domicilio social: Avda. García Barbón, 38, 36201 Vigo.

Denominación: L.M.T., C.T. e R.B.T. O Reguengo-Godos.

Situación: Caldas de Reis.

Descricións técnicas: L.M.T. subterránea, a 20 kV, de 130 m de lonxitude, con conductor tipo R.H.V., desde o apoio 1 da L.M.T. T.I.B. 806 na súa derivación ó C.T. O Reguengo-Godos, a retirar, rematando no C.T. que se proxecta no Reguengo-Godos, concello de Caldas de Reis. C.T. de 250 kVA, relación de transformación 20 kV-380/220 V. R.B.T. subterránea, de 110 m de lonxitude, con conductor tipo R.V.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Pontevedra, 26 de novembro de 1998.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra

11856