Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:
Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.
Domicilio social: Avda. García Barbón, 38, 36201 Vigo.
Denominación: desvío L.M.T. en cruzamento río Lérez.
Situación: Pontevedra.
Descricións técnicas: L.M.T. subterránea, a 20 kV, de 950 m de lonxitude, con conductor tipo R.H.V., desde o apoio 1, que se vai suprimir, onde as liñas actuais pasaban de subterráneas a aéreas, finalizando no apoio 4, que se vai retirar, onde as liñas pasaban de aéreas a subterráneas, no cruzamento do río Lérez, concello de Pontevedra.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.
Pontevedra, 26 de novembro de 1998.
Carmen Bianchi Valcarce
Delegada provincial de Pontevedra
11833