Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 15 Luns, 25 de xaneiro de 1999 Páx. 869

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 18 de decembro de 1998 pola que se anuncia poxa para a execución das obras comprendidas no proxecto de axardinado, urbanización e cerramento da escola infantil do Castrillón.

1. Entidade adxudicadora: Concello da Coruña.

a) Dependencia que tramita o expediente: Sección de Contratación.

b) Número de expediente: O98/79.

2. Obxecto do contrato: execución das obras comprendidas no proxecto de axardinado, urbanización e cerramento da escola infantil do Castrillón.

Prazo de execución: tres meses.

3. Tramitación: ordinaria.

Procedemento: aberto.

Forma de adxudicación: poxa.

4. Orzamento base de licitación: 21.199.609 ptas. (IVE incluído).

5. Garantía provisional: 423.992 ptas.

6. Obtención de documentación e información:

a) Entidade: véxase punto 1. b) Enderezo: Pza. de Mª Pita, 1-2º. c) Localidade: 15001 A Coruña. d) Teléfono: 981 18 42 19. e) Fax: 981 18 42 71. f) Data límite de obtención de documentos e información: ata o día de finalización do prazo de presentación de proposicións.

7. Clasificación: grupo C, subgrupos 1, 2, 4, 6 e 7, categoría c; grupo K, subgrupo 6, categoría c.

8. Presentación de proposicións:

a) Prazo: vinteseis días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, rematando ás 13 horas. No caso de resultar sábado o día de finalización do prazo, quedará este automaticamente prorrogado ó día hábil seguinte.

b) Documentación que hai que presentar: véxase prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: Rexistro Xeral de Entrada.

9. Apertura de proposicións:

a) Lugar: véxase punto 6. b) Data: quinto día hábil seguinte ó do transcurso do prazo de presentación de proposicións. c) Hora: 12 horas.

10. Outras informacións: nos anversos dos sobres consignarase con claridade o seu contido («Proposición económica», «Documentación administrativa») e o seguinte lema: «Proposición que presenta... para optar á poxa para a contratación das obras comprendidas no proxecto de axardinado, urbanización e cerramento da escola infantil do Castrillón (Ref. O98/79)».

11. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.

A Coruña, 18 de decembro de 1998.

O alcalde

P.D.

Rubricado