Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 15 Luns, 25 de xaneiro de 1999 Páx. 858

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 17 de decembro de 1998, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa, declaración de utilidade pública e aprobación do proxecto para execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente 387/1998).

De conformidade co disposto no título IX da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico (BOE do 28 de novembro), e decretos 2617 e 2619/1966, do 30 de outubro, sobre instalacións eléctricas (BOE do 24 de outubro), de aplicación transitoria, incóase o expediente e sométese a información pública a solicitude de Unión Eléctrica-Fenosa, S.A. con enderezo na Avda. de Arteixo, 171, da Coruña, como entidade beneficiaria, para a autorización administrativa; a declaración de utilidade pública, que levará implícita a urxente ocupación, para os efectos de expropiación forzosa e imposición de servidumes de paso sobre os bens e dereitos que

se afecten; e a aprobación do proxecto de execución das instalacións da liña eléctrica aérea a 15/20 kVA cunha lonxitude de 0,783 km, con orixe na L.M.T. proxectada a C.T. Montemeá-Castizón e final no C.T. proxectado Gongostro. Centro de transformación tipo intemperie Congostro, cunha potencia de 50 kVA e relación de transformación de 15.000/380-220 V. Liña de baixa tensión aérea cunha lonxitud de 0,027 km, con orixe no C.T. proxectado Congostro e conductor tipo R.Z.

Finalidade: mellora-la seguridade e calidade da subministración da zona de Congostro, termo municipal de Aranga (expediente 387/98).

En consecuencia, calquera persoa e os interesados que figuran na relación anexa, ós que se lles practica notificación individual, por xestión directa ante a entidade beneficiaria poderán rectifica-la titularidade dos predios, se este é o caso, e recadar datos para a identificación dos bens que se afecten; e

examina-lo proxecto nesta delegación, sección 3ª enerxía, 2ª planta, edificio administrativo Monelos, praza de Luis Seoane, s/n, 15071 A Coruña; así mesmo, poderán formular por escrito alegacións en razón do disposto na Lei 54/1997 e nos decretos citados, dentro do prazo de trinta días seguintes á da presente publicación.

Esta publicación realízase igualmente para os efectos do artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, de resultaren os titulares dos predios propostos como descoñecidos ou cando se ignore o lugar de notificación, e así dirixirlle ó Ministerio Fiscal as dilixencias que se produzan, de conformidade co artigo 5 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954.

A Coruña, 17 de decembro de 1998.

Manuel Estévez Mengotti

Delegado provincial da Coruña en funcións

Relación de propietarios, bens e dereitos afectados

Expediente: 387/98. Provincia: A Coruña.

L.M.T. a C.T. Congostro.Termo municipal: Aranga.

PREDIOSPROPIETARIOSAFECCIÓN

SoloVoo

NºLugarCultivoNome e apelidosEnderezonº apoiommlm

1FieiteiraCarballeiraMaría López Santer/ Arrigada 31, 15660 Cambre54270

3FieiteiraEucaliptalJosé Abad Maceirasr/ Carballo 7-1º Dc, 15009 A Coruña1680

4GomilEucaliptalJosé Vázquez SánchezAvda. do Pasaxe 12-8º C, 15009 A Coruña1292460

6Revolta BellaCarballeiraCelia Vázquez Sánchezr/ Boiro 4-2º B, 15705 Santiago de Compostela20100

7Revolta BellaCarballeiraRosa Mª Gómez VázquezAvda. de Arteixo 73-8ºDc, 15007 Santiago de Compostela2238190

8O PinarPinarManuel Brañas Roca

Ramón Antolín Brañas Roca

r/ Germán Taibo 20-1º, 15005 A Coruña32132660

9O CampoPinarEurelio Miranda VidalGomil 5, 15317 Aranga4236175

10O PicotoCarballeiraMaría Lavandeira

Maceiras

r/ Alexandre Bóveda 29-3º, 27003 Lugo25

11O PicotoPinarMaría Lavandeira

Maceiras

r/ Alexandre Bóveda 29-3º, 27003 Lugo1440

13O PicotoPinarJosé Rodríguez FreireSeoane 6, 15317 Aranga5232165

14O PicotoPinarHdros. de Pedro Carballeira Silva

Aurelio Díaz Brañas

Montesalgueiro 25, 13317 Aranga1260

16O Picoto de AbaEucaliptalJosé Brañas Rocar/ Ronda de Outeiro 234-9º C, 15010 A Coruña6238190

17AlambradaEucaliptalCamila Brañas Rocar/ Cancela 2-4-3º B, 15003 A Coruña20100

187