Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 14 Venres, 22 de xaneiro de 1999 Páx. 792

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SADA

ANUNCIO.

En cumprimento do acordo adoptado polo Concello Pleno o día 30-12-1998, anúnciase a contratación das obras de construcción centro socio cultural do Mar de Sada, 4ª fase, por procedemento aberto e concurso, con trámite de urxencia.

De conformidade co disposto no artigo 79 da LCAP anúnciase concurso por procedemento aberto e trámite de urxencia para adxudica-las obras anteriormente sinaladas, conforme o seguinte contido:

1. Obxecto do contrato: é obxecto do contrato a execución das obras de construcción centro socio cultural do Mar de Sada, 4ª fase.

2. Duración do contrato: 3 anualidades.

3. Tipo de licitación: 116.796.775 ptas.

Anualidade 1999: 55.000.000 de ptas.

Anualidade 2000: 45.000.000 de ptas.

Anualidade 2001: 16.796.775 ptas.

4. Pagamento: por tratarse de expediente de tramitación anticipada, a adxudicación do contrato queda suxeita á condición suspensiva de existencia de crédito axeitado e suficiente nos exercicios económicos correspondentes.

5. Publicidade dos pregos: estarán de manifesto tódolos días hábiles nas oficinas municipais, departamento de contratación.

6. Garantía provisional: non se esixe.

7. Exposición do prego de cláusulas administrativas particulares: durante os oito primeiros días hábiles seguintes á publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, suspendéndose a licitación no caso de impugnación.

8. Garantía definitiva: o 4% do orzamento.

9. Presentación de proposicións: durante os trece días naturais seguintes á publicación do anuncio de licitación (artigo 72.2º b) LCAP) no Diario Oficial de Galicia.

10. Apertura de proposicións: terá lugar ás 13 horas do primeiro día hábil seguinte á conclusión do prazo para presentación de proposicións.

11. Modelo de proposición: o recollido no prego de cláusulas administrativas.

Sada, 8 de xaneiro de 1999.

José Fernández Álvarez

Alcalde en funcións