Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 14 Venres, 22 de xaneiro de 1999 Páx. 791

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE FERROL

EDICTO.

O Concello Pleno de Ferrol, en sesión celebrada o vinteseis de novembro do ano en que estamos, aprobou definitivamente o estudio de detalle na parcela esquina á estrada de Castela, Avda. da Paz, Pintor Pérez Villamil.

O que se fai público para xeral coñecemento podendo interpoñerse contra a mencionada aprobación recurso contencioso-administrativo perante a sala correspondente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da publicación do presente edicto no Diario Oficial de Galicia sen prexuízo de calquera outro que estime procedente.

Ferrol, 14 de decembro de 1998.

O alcalde

Rubricado