Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 14 Venres, 22 de xaneiro de 1999 Páx. 790

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 19 de xaneiro de 1999, da División de Recursos Económicos, pola que se anuncia concurso, polo procedemento aberto, para contratación da instalación e prestación do servicio de televisión e telefonía no edificio do novo hospital clínico de Santiago de Compostela (S-54/99 ).

Obxecto e canon:

-Contratación da instalación e prestación do servicio de televisión e telefonía no edificio do novo hospital clínico de Santiago de Compostela.

-Un millón de pesetas, 1.000.000 de ptas./ano.

Solvencia económica: deberá acreditarse por algún dos medios indicados na cláusula 9.2 do prego de cláusulas administrativas particulares.

Solvencia técnica: deberá acreditarse por algún dos medios indicados na cláusula 9.2 do prego de cláusulas administrativas particulares.

Plazo de execución: a instalación do equipamento necesario para prestación do servicio realizarase nun plazo máximo de dous meses, contados desde a formalización do contrato.

A duración do contrato de explotación do servicio será de 10 anos, contados desde a recepción, de conformidade polo Servicio Galego de Saúde, da instalación.

Documentos de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria pódese solicitar na Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, División de Recursos Económicos, Subdirección Xeral de Contratación e Xestión Económica, edificio administrativo San Caetano, bloque 2-2º, en días laborables desde as 9 ata as 14 horas.

Garantías: duascentas cincuenta mil pesetas (250.000 ptas.).

Admisión de variantes: non se admiten.

Criterios de adxudicación: ver cláusula 8 do prego de cláusulas administrativas.

Presentación de proposicións: as proposicións deberanse presentar en man, en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro xeral da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais/Sergas, antes das 14 horas do vixésimo sexto día natural, contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no DOG, ou por correo na forma indicada na cláusula 11.2 do prego de cláusulas administrativas particulares.

Apertura das proposicións: a apertura das proposicións admitidas será realizada pola mesa de contratación, reunida en acto público na sala de xuntas da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais no Edificio Administrativo San Caetano (ático á norte), a partir das 9.30 horas do terceiro día natural, contado a partir do seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación de ofertas; no caso de que o devandito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar o seguinte día hábil.

Documentación que deberán achega-los licitadores: os documentos que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

Anuncios: os anuncios do presente concurso serán por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 19 de xaneiro de 1999.

Antonio Fernández-Campa García-Bernardo

Director xeral da División de Recursos Económicos