Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 14 Venres, 22 de xaneiro de 1999 Páx. 785

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL E TURISMO

RESOLUCIÓN do 21 de decembro de 1998 sobre autorización de apertura dun novo establecemento da axencia de viaxes Viajes Barco, S.L., sita na rúa José Antonio, 6-baixo, do Barco de Valdeorras.

Visto o expediente instruído por instancia de Amparo Pola Rodríguez, na súa calidade de administradora da entidade mercantil Viajes Barco, S.L., en solicitude da autorización de apertura dun novo establecemento, no Barco de Valdeorras, na rr/ José Antonio, 6-baixo, da axencia de viaxes Viajes Barco, S.L., do grupo minorista, co código identificativo XG-31, que ten a súa casa central en Cangas, na rúa Baiona, 14, baixo.

Resultando que o interesado xunto coa solicitude acompañou toda a documentación a que fai referencia o artigo 10 do Regulamento das axencias de viaxes de Galicia, aprobado mediante o Decreto 155/1989, do 22 de xuño.

Resultando que na tramitación do expediente se observaron tódolos requisitos e formalidades establecidas regulamentariamente.

Considerando que na empresa solicitante e no novo establecemento da axencia de viaxes, concorren tódalas condicións esixidas polo mencionado Regulamento para a obtención da súa autorización.

Vistos o Real decreto 2086/1983, do 1 de setembro, de traspaso de funcións e servicios do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de turismo, a Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora

da Xunta e do seu presidente, o Decreto 155/1989, do 22 de xuño, polo que se aproba o Regulamento das axencias de viaxes de Galicia, e a Orde do 12 de xaneiro de 1998, da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo, pola que se delega no director xeral para o Turismo a competencia para autoriza-los novos establecementos e dependencias auxiliares das axencias de viaxes xa autorizadas, a Dirección Xeral de Turismo

RESOLVE:

Autorizar á axencia de viaxes Viajes Barco S.L., sita en Cangas, da que é titular a entidade mercantil Viajes Barco, S.L., a apertura dun novo establecemento no Barco de Valdeorras, na rúa José Antonio, 6-baixo, que será inscrito no Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas da Comunidade Autónoma galega.

Contra esta resolución, o interesado poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 21 de decembro de 1998.

P.D. (Orde 12-1-1998)

Aurelio Miras Portugal

Director xeral de Turismo